Caballero recibiu aos 50 nenos e nenas saharauis que pasan o verán con familias viguesas
O alcalde de Vigo recibiu este martes ao medio centenar de nenos e nenas saharauis que, durante dous meses, viven na cidade con familias de acollida, tamén presentes no acto desta mañá. Caballero explicou que o Concello de Vigo faise cargo do custo íntegro das viaxes dos pequenos, con10.000 euros de orzamento.