O alcalde asegura a continuidade do programa de medianeiras e arte urbana
Abel Caballero visitou este luns os murais realizados nas fachadas interiores das comunidades de propietarios das rúas Regueiro, Barcelona, Zaragoza e Salamanca, firmados por Zowone e Gonzalo Alonso. O rexedor garantíu que o programa continuará en próximos anos: "a arte urbana ocupa xa un espazo fundamental en tantas e tantas cidade e nós queremos que o ocupe en Vigo", afirmou.
O alcalde eloxiou o traballo realizado por Zowone e Gonzalo Alonso nas fachadas destas comunidades de propietarios na conversión deste espazo interior "nunha obra de arte", que "é a forma na que Vigo ten que ser desenvolvido e reconstruido a partir de agora". Caballero avanzou que o goberno local continuará en próximos anos cun "número significativo" de murais máis.
Descargar todas as imaxes