BANDO "Normas para as fogueiras da noite de San Xoan"
As persoas físicas ou xurídicas que teñan intención de realizar unha fogueira a noite de SAN XOAN deberán solicitala no Rexistro Xeral do concello, cunha antelación mínima de quince días (15) ao evento, especificando nome, enderezo, teléfono e D.N.I.(achegar fotocopia) dos/das responsables, plano de situación coa indicación do lugar (solicitado na oficina de Información urbanística).Deberase acompañar anexo indicando as medidas de seguridade a adoptar.
1.Terá de presentarse unha POLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL cunha cobertura polo importe de 150.000 € a nome do/a solicitante achegando conxuntamente o comprobante de estar ó corrente de pago.
2.Os elementos da fogueira deberán estar colocados con dous días naturais de antelación a súa queima, para que, o Servizo de Bombeiros pida levar a cabo a revisión e control desta.
3.O volume de material combustible non superará os 8 ms. de diámetro nin os 3 ms. de altura.
4.A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 ms. Porase especial coidado de non situalas preto dunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, e ter conta de que nos arredores non haxan produtos inflamables (ó aire ou almacenados).
5.Prohíbese a queima de neumáticos, plásticos, aceites, etc... e calquera outra substancia que conteña líquidos inflamables que desprendan fumes tóxicos así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión(sprays) aínda que estean baleiros. Tamén prohíbese facer fogueiras nas praias e preto de elementos que constitúen o patrimonio histórico, ós efectos de evitar calquera tipo de dano.
6.No suposto de que a fogueira se faga sobre terreos de uso públicos lousados, asfaltados ou pintados, os/as organizadores/as, encargaranse de protexer o pavimento e pintura cunha capa de area de 10 cm. en toda a superficie da fogueira.
7.Ó finalizar a fogueira, e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas, e procederan á limpeza inmediata do espazo autorizado.
En todos os casos, os/as solicitantes serán responsables directos dos danos que puideran ocasionar a terceiros.
Descargar todas as imaxes