Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 4 xuñ 2015

ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE XUÑO DE 2015.


1.- Acta da sesión extraordinaria e urxente do 19 de maio, ordinaria e dúas extraordinarias e urxentes do 22 de maio, e extraordinaria e urxente do 27 de maio de 2015.

ALCALDÍA
2.- Proxecto de convenio para a concesión de subvención a favor da Sociedade Filarmónica de Vigo para o desenvolvemento da súa actividade de Fomento, coñecemento e difusión da cultura musical no ano 2015 e o centenario da sociedade. Expte. 12857/101.

BENESTAR SOCIAL
3.- Revisión de prezo do contrato do servizo sanitario-asistencial a persoas con problemas derivados do consumo de drogas. Expte. 106560/301.

4.- Dar conta da relación de persoas datas de alta no Servizo de Axuda no Fogar durante os meses de febreiro, marzo e abril de 2015. Expte. 89458/301.

5.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Benestar Social durante os meses de marzo e abril de 2015. Expte. 110411/301.

CONTRATACIÓN
6.- Devolución de fianzas:

a) Mercedes Fernandez Díaz. Expte. 4915/241.
b) Jesúa Damiá Rodríguez. Expte. 4916/241.
c) Oresa S.L. Expte. 4962/241.
d) Oresa S.L. Expte. 4963/241.
e) Oresa S.L. Expte. 4964/241.
f) Xestión Ambiental de Contratas S.L. Expte. 5218/241.
g) Xestión Ambiental de Contratas S.L. Expte. 5219/241.
h) Aldasa S.L.U. Expte. 5243/241.
i) Aldasa S.L.U. Expte. 5244/241.
k) Aldasa S.L.U. Expte. 5245/241.
l) Oresa S.L. Expte. 2991/443.
m)Serviclem S.L. Expte. 7713/307.


CULTURA, FESTAS E MUSEOS
7.- Proposta de autorización para o préstamo temporal á Fundación Luis Seoane da obra "Mozo con froitas" para exposición no MARCO. EXPTE. 1208/341.

8.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo da Área de Cultura, Festas e Museos durante o mes de abril de 2015. Expte. 485/330.

DEPORTES
9.- Proposta de autorización para a organización da II Carreira Escolar CEIP Sello 2015 o vindeiro 7 de xuño. Expte. 14043/333.


DIRECCIÓN DE INGRESOS
10.- Dar conta da resolución do 21.05.15 pola que se aproba o Padrón fiscal da taxa da recollida do lixo de vivendas do exercicio 2015. Expte. 47061/513.

11.- Dar conta da resolución do 28.05.15 pola que se aproba o Padrón fiscal de Exacción Unificadas de Industriais do exercicio 2015. Expte. 47716/516.

12.- Prórroga do contrato de Servizos de colaboración cos servizos municipais de Xestión Catastral delegada e Administración Electrónica para a realización de determinadas funcións catastrais. Expte. 2174 /500.


PARTICIPACIÓN CIDADÁ
13.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Vecinos Novo Vigo para o fomento das actividades da entidade para o 2015. Expte. 6989/320.


PATRIMONIO
14.- Proposta de aceptación da renuncia da ONCE á instalación de quioscos na avda. Camelias 45 e Vía Norte esquina rúa Urzáiz. Expte. 19648/240.

15.- Proposta para autorización da hipoteca da concesión administrativa de dominio público sita na avda. de Samil-Antiguo Restaurante Johathan. Expte. 19672/240.



PATRIMONIO HISTÓRICO
16.- Devolución de garantía constituída para responder do acopio de material das obras ·mellora e reposición de espazos públicos no Casco Vello, no ámbito da praza da Princesa e Praza de Argüelles, engadindo os espazos soterrados entre a rúa Abeleira Menéndez e Praza Argüelles. Expte. 7720/307.

POLICÍA LOCAL
17.- Resolución de expediente de incoación de dilixencias informativas de carácter reservado ao funcionario de Policía co nip 294430. Expte. 41968/212.

RECURSOS HUMANOS
18.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha oficial sepultureiro/a baixo a modalidade prevista no art. 10.1.d) da lei 7/2007, de 12 de abril (EBEP), por un prazo máximo de seis meses, para o servizo de Cemiterios. Expte. 26665/220.

19.- Complemento produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentación do servizo de Vías e Obras, correspondente ao mes de abril 2015. Expte. 26640/220.

20.- Complemento produtividade por toxicidade do persoal das brigadas de pavimentación do servizo do Parque Móbil, correspondente ao mes de abril 2015. Expte. 26639/220.

21.- Complemento produtividade por toxicidade do persoal do servizo de Desinfección, correspondente ao mes de abril 2015. Expte. 26636/220.

22.- Complemento produtividade por xornada partida do persoal do servizo de Cemiterios, correspondente ao mes de abril 2015. Expte. 26638/220.

23.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal dos distintos servizos correspondentes aos meses de novembro 2014 e marzo 2015. Expte. 26558/220.

24.- Domingos, festivos e noturnidade do persoal dos distintos servizos correspondentes ao mes de abril 2015. Expte. 26641/220.

25.- Gastos de locomoción diversos servizos municipais correspondentes ao período decemebro 2014 – abril 2015. Expte. 26666/220.

26.- Reclamacións axudas socio-sanitarias 1ª fase 2015 (FAS). Expte. 26647/220.
TURISMO
27.- Bases reguladoras da convocatoria e execución do Programa "Vigo Hospitality". Expte. 5610/104.

XUVENTUDE
28.- Indemnización substitutiva a favor da Fundación de Estudos e Análise Fesan pola prestación do servizo de atención a nenos e nenas nos espazos de Casa da Xuventude e Pavillón de Coia. Expte. 4421/336.

29.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 5 de xuño de 2015, ás 10,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.


Vigo, 4 de xuño de 2015.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.