O sorteo da Lotería en apoio á candidatura de Cíes Patrimonio da Humanidade repartirá 84 millóns en premios
Abel Caballero agradeceu hoxe mércores a Loterías e Apostas do Estado que atendera a solicitude do goberno de Vigo de dedicar un sorteo ás Illas Cíes, como parte da precampaña de promoción cara a candidatura a ser declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. O próximo sábado 6 de xuño, no Auditorio Mar de Vigo repartiránse 84 millóns en premios.
O alcalde de Vigo amosou a súa "satisfacción" e agradeceu "moitísimo" á Loterías e Apostas do Estado a súa resposta positiva de celebrar en Vigo o sorteo do 6 de xuño, que será no Auditorio Mar de Vigo, dentro da proposta do Concello de iniciar a tramitación para que o arquipélago vigués opte a ser declarado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade. Acompañado polo director de Relacións Institucionais e Internacionais da entidade estatal, Manuel Gómez Amigó, Caballero reiterou a importacia deste evento na "necesaria" labor de divulgación e promoción para concienciar da importancia ecológica e medioambiental das Illas para obter ese recoñecemento.
Tal e como explicou Gómez Amigó, este sorteo e o número 367 dos "sorteos viaxeiros" que a entidade realiza para patrocinar concellos ou territorios, ademáis de para achegar á lotería aos cidadáns. Nesta ocasión, son 10.000 millóns de décimos que se corresponden con 120.000 millóns de euros, dos que o 70% -84 millóns- serán premios. O responsable estatal detallou que haberá 3.715.100 premios, entre os que destaca o "gordo" cun millón de euros por serie; un 2º premio, con 250.000 euros por serie; e un 3º, con 50.000 euros por serie. Haberá tamén un premio especial de 5 millóns de euros a un só décimo. Ademais, entre insititucións sociais e ONG,s que propoña o goberno local haberá outro sorteo de 4.000 euros.
Descargar todas as imaxes