Escoitar

O Concello incorpora elementos "smart" na humanización de García Barbón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores a humanización da Avenida, entre Alfonso XIII e Serafín Avendaño, practicamente concluída na beirarrúa do lado terra, cun investimento de 2 millóns. A mellora continuará coa outra beirarrúa e incorpora elementos smart, como iluminación verde ou vermella nos pasos de peóns, sincronizada cos semaforos, e un punto de carga para móbiles.

mércores, 3 xuñ 2015
1433331599garciabarbon.JPG
A actuación do Concello exténdese desde o cruce con Alfonso XIII ata Serafín Avendaño, estando prácticamente concluída a beirarrúa terra e, no lado mar, a mazá ata a rúa Oporto.

Segundo informou Caballero, o investimento municipal supera os dous millóns de euros e contempla a instalación de case 3.500 metros cadrados de beirarrúas de granito, refuxios axardinados dos colectores de basrua, xardineiras e novo arborado. A Avenida contará ademais con bandas conmemorativas dos edificios e elementos emblemáticos. A mellora inclúe a renovación de case 3,5 quilómetros de canalizacións soterradas (alumeado, abastacemento, saneamento e drenaxe), novas luminarias e bancos.

Os obxectivos do goberno de Vigo coa reforma pasan pola mellora dos servizos básicos, coa renovación das canalizacións e a separación das redes de saneamento e pluviais, e a substitución das conduccións de fachada e soterradas; pola mellora da eficiencia, coa renovación completa da instalación de alumeado con lámpadas de baixo consumo; e pola mellora da calidade urbana, grazas á renovación de firmes, mobiliario, a redistribución de espazos e a integración de elementos Smart City.

A este respecto, o alcalde de Vigo explicou que a reforma inclúe catro baldosas luminosas con LED blancas nas paradas do autobús, serigrafiadas co seu símbolo, e unha liña luminosa de LEDS nos pasos de peóns, conectadas coas fases semafóricas (verde-vermello). Caballero tamén avanzou que próximamente se colocarán 8 aparcabicis, un punto de recarga de móbiles, unha fonte accesible e un proxector en liña para o seu alumeado.

Emprego
Durante a visita, Abel Caballero informou da aprobación, en Xunta de Goberno Local, da contratación de 40 persoas en situación de risco de exclusión social, no marco do Plan de Limpeza de Fachadas e Mellora de Zonas Públicas.

Os traballadores, enviado polo Servizo Público de Emprego, terán un contrato de sete meses para exercer funcións de capataz, oficial e peóns, tal e como apuntou o alcalde. Desenvolverán o seu labor na limpeza de farolas, semáforos, fincas e cunetas, adecentamento de espazos públicos, acondicionamento de zonas axardinadas e a reposición do pavimento en beirarrúas, fundamentalmente no rural.
Descargar todas as imaxes