Escoitar

O Concello apoia os proxectos dos paratletas Chano Rodríguez e Susana Rodríguez Gacio

A proposta que levará a cabo o goberno local con Chano Rodríguez pasa por ofrecer charlas-coloquio nos centros educativos da cidade para concienciar aos escolares das especificidades e necesidades do deporte para discapacitados e trasladarlles os valores que representan. No caso de Susana Rodríguez Gacio, o Concello apoia á triatleta no seu proxecto de disputar os xogos paralímpicos de Río 2016. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, firmou este venres ambos convenios de colaboración.

venres, 5 xuñ 2015
1433509414convenios.JPG
O alcalde de Vigo rubricou este venres un convenio co paralímpico Chano Rodríguez para levar adiante nos centros escolares da cidade un programa de sensibilización vencellado co deporte e a discapacidade.

O programa ofrecerá charlas-coloquio nos colexios da cidade, cos obxectivos de concienciar aos escolares sobre as especificidades do deporte para discapacitados, sensibilizalos das necesidades concretas destes deportistas, dar a coñecer o valor engadido do esforzo das persoas con discapacidade e achegar aos máis novos a realidade e os valores do deporte-discapacidade.

Abel Caballero tamén asinou esta mañá un convenio coa paratleta Susana Rodríguez Gacio, número 3 do mundo na súa modalidade de triatlón, para apoiala no seu proxecto deportivo de disputar os xogos paralímpicos de Río 2016. Ademais, segundo indicou o alcalde, o goberno local tamén ten aprobado o convenio de colaboración con Martín de la Puente, tenista que opta igualmente a competir nos xogos paralímpicos de Río 2016.
Descargar todas as imaxes