Caballero sinala a Vigo Cup, con máis de 3.000 nen@s e finais en Balaídos, como "un proxecto colectivo da cidade"
Balaídos será escenario un ano máis das finais da Vigo Cup, que este verán entra na súa decimoquinta edición, "porque a verdadeira ilusión dos que xogan o torneo de fútbol base é disputar a final no estadio", explicou o alcalde, Abel Caballero, durante a rolda de prensa de presentación do evento.
Con medio cento de persoas na organización encabezada por Belarmino Alonso, "Milucho" e Ignacio Cabaleiro, 179 equipos confirmados e 46 clubs participantes, o campionato disputarase do 29 de xuño ao 5 de xullo. Ao acto que dá inicio de forma simbóloca ao evento acudiron, ademais do alcalde e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, representantes da organización, dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol. "Esta é a capacidade real de facer un torneo de fútbol desta envergadura e que moi poucas cidades de toda España son capaces de facer", subliñou o rexedor en referencia a tantos apoios obtidos, incluídos PSA Peugeot Citroën e Faro de Vigo, patrocinadores principais da Fundación VIDE xunto ao Concello e representados no acto por María José Táboas e Pedro Costa, respectivamente.
Máis de 3.000 xogadores e medio milleiro de técnicos daranse cita nunha ducia de campos, aos que este ano se incorporan dúas canchas máis, As Travesas e Samil (Armando Cajaraville), remodelados hai poucas datas e con herba artificial de última xeración. Os equipos xogarán nas mellores "moquetas" da cidade, pois como sedes tamén figuran o Municipal Pahíño, A Bouza (Coia), Baltasar Pujales (Bouzas), Cotogrande, A Guía, Sárdoma, Coruxo, A Pirucha (San Miguel) e Comesaña.
Con equipos de Vigo e a súa área de influencia como sustento principal (Nigrán, Baiona e Mos, A Garda e Tui, Redondela, Mos, O Porriño e Salvaterra), ademais de portugueses (de Maia, Oporto e Figueira dá Foz) e de Asturias, o torneo ofrece tamén outra novidade: haberá unha categoría máis, a sub 6, participativa, dende o xoves ao sábado e sen valor clasificatorio, só para que os nenos de 4 a 6 anos poidan empezar a disfrutalo e gañar unha medalla de participación. "A clasificación é un tema máis secundario", asegurou o rexedor. O resto de categorías en liza, como cada ano: sub 7, sub 8, sub 10, sub 12 en fútbol 7 mixto, damas tamén en fútbol 7 e sub 14 e sub 16 en fútbol.
Liñas de Vitrasa gratis ás sedes para os equipos en xogo, viaxes subvencionadas a Cíes (nenos menores de 12 anos irán gratis por cortesía da naviera Mar de Ons), visitas sen custo a Vigozoo. A oferta transversal da Vigo Cup non para. "Este é un proxecto colectivo de toda a cidade e esa é a forma de levalo adiante", concluíu o alcalde.
Descargar todas as imaxes