O Concello abre o prazo para que as empresas formen parte da guía turística "Vigo hospitality"
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe a apertura do proceso de actualización de "Vigo hospitality", unha guía turística que se distribúe por todos os hoteis da cidade. Tal e como indicou o rexedor, esta ferramenta púxose en marcha por primeira vez en 2013 e xa forman parte dela 43 empresas.
O goberno de Vigo deu luz verde ás bases reguladoras da convocatoria e execución de "Vigo hospitality", unha guía que recolle servizos turísticos da cidade para unha xornada. Trátase, explicou o rexedor, de capatar a oferta e poñela en coñecemento dos visitantes. A inclusión nesta guía non supón custo para as empresas que sí deben manter os compromisos adquiridos -condicións e prezos- durante toda a vixencia da guía. Esta ferramenta púxose en marcha por primeira vez en 2013 e conta con 43 empresas inscritas.
O alcalde tamén deu conta da adxudicación das subvencións para o bono taxi, un medio alternativo de transporte adaptado a persoas con graves discapacidades na súa mobilidade. O importe da achega e de 25.000 euros para atender a 97 persoas, que reciben entre 100 e 300 euros, dependendo dos seus ingresos. Ademais, lembrou o rexedor, o Concello ofrece de xeito gratuito un servizo especial no autobús urbano para persoas con mobilidade reducida. Os usuarios deben solicitar esta prestación con anterioridade e o bus adaptado recolle e deixa ao viaxeiro nas paradas que elixa. O horario é de 08,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas, de luns a sábado.
A Xunta Local de Goberno tamén deu luz verde á subvención de 18.000 euros en favor da Sociedade Filarmónica para o desenvolvemento da súa actividade de fomento, coñecemento e difusión da cultura musical. Outra das achegas aprobadas esta mañá foi unha axuda de preto de 5.000 euros para colaborar la financiación do aluguer da Asociación de Veciños Novo Vigo.
Pola súa banda, na Xerencia de Urbanismo autorizáronse 17 licenzas de obra e 3 de actividade para un investimento de 268.000 euros.