Obradoiros monográficos de verán 2015 da Escola municipal de teatro (EMT)<br />
O Concello de Vigo, a través da concellería de Educación, convoca a preinscrición para os obradoiros monográficos de verán 2015 da Escola municipal de teatro (EMT), co obxectivo de ofrecer aos participantes recursos técnicos e creativos complementarios á súa formación. Cunha compoñente fundamentalmente práctica, están dirixidos a persoas maiores de 15 anos con relación e/ou afección co mundo do teatro.
Os obradoiros que se ofertan son os seguintes:
- Danza para actores
Datas: do 29 de xuño ao 3 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h
- Interpretación ante a cámara
Datas: do 6 ao 10 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h
- Teatro musical contemporáneo
Datas: do 13 ao 17 de xullo. Horario: de 17,00h a 21,00h
O prazo de preinscripción será do 8 ao 23 de xuño. A presentación de solicitudes poderase facer nas instalacións da EMT (Avda Castelao 87-interior) en horario de 17,00h a 20,00h de luns a venres. O impreso de preinscripción pódese descargar na páxina hoxe.vigo.org/emt.
A lista de admitidos publicarase o 24 de xuño e a matrícula formalizarase os días 25 e 26 de xuño.
O prezo de cada obradoiro é de 47,60 euros
Máis información: Escola municipal de teatro. Tlfno: 986-485324. Correo electrónico: em.teatro@vigo.org. Web:hoxe.vigo.org/emt
Descargar todas as imaxes