O autobús eléctrico do Casco Vello será circular e entrará en funcionamento o próximo luns

venres, 4 nov 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recordou hoxe venres que o autobús eléctrico do Casco Vello funcionará desde ás 8 horas do próximo luns, 7 de novembro, e terá un percorrido circular. O transporte funcionará de luns a venres cun percorrido de 42 minutos de duración e sete quilómetros de traxecto, e parará entre as 13:20 e as 16:40 para a súa recarga.

Caballero destaca que Vigo é unha das cidades máis seguras de España

luns, 3 out 2011

Abel Caballero subliñou hoxe luns que todos os informes revelan que Vigo é unha das cidades máis seguras e con menor número de delitos de toda España. Así o indicou durante a celebración do Día da Policía Nacional, nun acto no que felicitou á Policía Nacional pola "importante labor que desempeña", animándoa a seguir a traballar "non só pola seguridade, senón tamén en defensa do estado de dereito".

O alcalde avoga por reforzar o transporte público e os vehículos eléctricos no Día sen Coche

xoves, 22 set 2011

Abel Caballero marcou hoxe xoves as liñas de actuación municipais na mobilidade sostible, que pasan pola "vontade" municipal de potenciar o ferrocarril -tanto de longa distancia como cercanías-, implementar o uso da motocicleta e do coche eléctrico e reforzar o transporte público. Neste último, o alcalde adiantou que o goberno local traballará para que as liñas circulares sexan de dobre dirección e incrementar as conexións co rural.

O equipo da Policía Local de Vigo conseguiu cinco metais nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros

venres, 9 set 2011

Na cuarta participación do colectivo neste evento, a formación viguesa da Policía Local sumou medallas en 400 metros lisos, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, triple salto e tiro. Tras Barcelona 2003, Adelaida 2007 e Vancouver 2009, os vigueses acudiron este ano desde o 26 de agosto ao 5 de setembro a Nova York para competir nos Xogos Mundiais.

O equipo de policías e bombeiros de Vigo xa ten 5 medallas no campionato do mundo de Nueva York

mércores, 31 ago 2011

Os participantes vigueses no campionato do mundo de Policías e Bombeiros que se está a celebrar en Nueva York xa ten 5 medallas. A pesar de que a organización suspendeu por mor do furacán varias competicións nas que os vigueses tiñan moitas posiblidades, os bombeiros conseguiron xa 5 medallas nas seguintes disciplinas: loita libre olímpica: Roberto Estevez, medalla de Oro; remo: Jose Costa Rivas, medalla de plata en 500 metros; Squas: Perfeto Garcia, medalla de prata; atletismo: Alberto Costas, medalla de bronce en 1500 metros; lanzamento de jabalina: David Lemos, medalla de bronce. Catro bombeiros dos desplazados a Nueva York se quedarán sen competir porque suspenderse a a súa categoría.