Escoitar

O Concello organiza un simulacro de incendios para calibrar os sistemas de seguridade do edificio municipal

Os traballadores do Concello participaron esta mañá de xoves nun simulacro de evacuación parcial do edificio para avaliar os sistemas de seguridade dispoñibles. O rexedor, quen indicou que esta é a primeira proba destas características que se organiza no Consistorio en 25 anos, engadiu que os técnicos valoran positivamente os tempos de actuación de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

xoves, 9 feb 2012
1328793531simulacro.jpg
O Concello de Vigo organizou hoxe, xoves, un simulacro de evacuación por simulación dun incendio no que se evacuaron desde o andar 7 ata o 11 do Consistorio. Segundo explicou o rexedor, trátase do desaloxo dunha zona "moi difícil" porque é a parte alta dunha torre de complicado acceso, con escaleiras de evacuación externas que nunca se usaron, nin siquera en simulacións. O obxectivo -indicou- é medir tempos, calibrar actuacións e probar saídas de emerxencia. Os evacuados chegaron, a través das saídas de emerxencia, a unha terraza do terceiro andar e desde aí, o rescate quedaría en mans dos bombeiros, que terían que usar plataformas .

Caballero cualificou a evacuación do edificio de "difícil" porque estamos nun inmoble "antigo, mal acondicionado e mal sinalizado", que non conta con saídas directas, abundou. En todo caso, asegurou que os técnicos valoraron satisfactoriamente os tempos do rescate, puntualizando que transcurriron só 8 minutos entre que se deu aviso aos Bombeiros e o momento de iniciarse a evacuación.

Na súa comparecencia aos medios, o rexedor destacou a importancia de facer este tipo de probas nun edificio no que non se fai un simulacro desde hai 25 anos, e no que hai a diario miles de persoas entre funcionarios e cidadáns. Referiuse á necesidade de acometer as reformas que sexan precisas para garantir a seguridade e avanzou a posta en marcha de iniciativas deste tipo noutros edificios da cidade "non para xerar alarmas, senón para estar preparados".

Descargar todas as imaxes