Escoitar

Servizo de Atención Domiciliaria da Infancia

A Concellería de Igualdade promove o Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia á mulleres con fillos e fillas menores de 10 anos que non superen o límite de ingresos económicos da unidade familiar establecidos anualmente. O obxectivo principal do servizo é contribuír á armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas da violencia.

xoves, 9 feb 2012
1328791353kanguro.jpg
Obxectivos: armonización da vida laboral profesional e persoal das mulleres, en especial das mulleres vítimas de violencia,, favorecer a incorporación da muller ao emprego; fomentar a formación académica e ocupacional das mulleres; potenciar e facilitar a participación das mulleres nas actividades do asociacionismo; acadar tempo propio e persoal, específico para cada muller.

Asistencia: o servizo consiste no coidado persoal das fillas e fillos menores de 10 anos, farase na casa da beneficiaria desde a hora solicitada ata o seu regreso. A duración máxima é de de catro horas. O Horario do servizo abrangue de luns a venres de 7.00 a 23.00 h. En ingún caso se deixarán ás crianzas soas.

Motivos: o servizo se pode conceder nos seguintes casos: asistencia a cursos, entrevistas de traballo, incompatibilidade laboral, urxencias médicas, xestiones adminitrativas...

Acceso: a través da traballadora social do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, rúa Romil,20
Tlfo. 986 293963
A solicitude farase cunha antelación mínima de 24 horas.

Documentación necesaria: DNI, libro de familia, comprobante do motivo polo que solicita o servizo, xustificante de ingresos, volante de empadroamento.
Descargar todas as imaxes