martes, 7 febreiro 2012

30 alumnos de institutos da cidade participan no I Club de Debate

O Verbum acolleu o mércores día 8 ás 17 horas, a primeira edición do Club de Debate que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino do municipio. Esta actividade busca dinamizar o uso da lingua galega mediante o traballo da fluidez comunicativa e o pensamento crítico e analítico sobre temas de actualidade.

Caballero felicita á ministra de Fomento por comprometerse co AVE a Vigo por Cerdedo e coa estación de Tom Mayne

martes, 7 feb 2012

Caballero felicitou hoxe á ministra de Fomento, Ana Pastor, por ratificar o seu compromiso coa chegada do AVE por Cerdedo e coa construción da estación do tren de alta velocidade deseñada polo arquitecto Tom Mayne. Durante unha comparecencia cos medios de comunicación, o alcalde indicou que "teño que recoñecer que a ministra fixo unha grande achega a esta cidade", referíndose ás declaracións que a titular de Fomento fixo o venres día 3 cando presidiu o acto de entrada da segunda tuneladora na cidade.

O alcalde ofrece á Xunta cooperar na adquisición dos terreos para a Cidade da Xustiza

martes, 7 feb 2012

Abel Caballero trasladou este martes a proposta municipal aos decanos dos colexios de Procuradores e Avogados e ao Xuiz Decano de Vigo, unha alternativa que podería materializarse de inmediato e polo que o Concello cedería os terreos de titularidade pública -valorados en 1,2 millóns- e a Xunta de Galicia adquiriría o privado, recuperando posteriormente o investimento cando os promotores desenvolvan o ámbito urbanístico.

O goberno presenta uns orzamentos "austeros e realistas" cun incremento do 8% en gasto social e emprego

martes, 7 feb 2012

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este martes que o borrador do orzamentos municipais para 2012, entregado hoxe aos grupos políticos, ascende a 220,3 millóns de euros, un 2,07% menos que o de 2011 pola caída de ingresos. Segundo explicou o primeiro edil, as contas aumentan os recursos adicados a emprego, políticas sociais, instalacións deportivas e transporte público, ao tempo que caen o gasto en órganos de goberno e diminúe a débeda do Concello. <br />