venres, 29 xul 2011
O alcalde de Vigo felicitou hoxe venres ao corpo de bomdeiros polo seu traballo durante a recepción dos 17 novos axentes que se acaban de incorporar ao Concello. Abel Caballero déulles a benvida e loubou a preparación e formación destes novos efectivos.
xoves, 28 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou por segundo ano consecutivo as pulseiras identificativas que permiten localizar con facilidade aos nenos e nenas que se poidan perder na praia. O rexedor, quen apuntou que se van distribuir 10.000 unidades, destacou o éxito desta iniciativa o ano pasado e indicou que as pulseiras deste ano aportan como novidade o feito de ser reutilizables. Avanzou que ao ano que ven se repartirán en maio en todos os centros escolares.
venres, 15 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este venres a Areal, que abriu hoxe ao tráfico o treito entre a rotonda da paellera e o cruce con Inés Pérez de Ceta, tras un ano pechada polos traballos de construción do aparcadoiro. A apertura permitirá a circulación en dobre sentido cun carril de circulación, que duplicará a súa capacidade en outubro, data prevista para a inauguración da humanización en superficie e do aparcadoiro soterrado.
venres, 1 xul 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este venres a campaña de prevención de lumes da Policía Local, a través da sección especializada Unidade Medioambiental de Intervención Rápida. A iniciativa comeza hoxe e prolongarase ata o 30 de setembro, incorporando novidades como paneis informativos para evitar verquidos nos montes e vixilancia diaria dos Bens de Interese Cultural da cidade.
venres, 24 xuñ 2011
As instruccións e medidas de seguridade propostas polo Concello de Vigo para a noite máis curta do ano deron un bo resultado na cidade, sen incidentes de gravidade por parte do servizo municipal de Bombeiros. Por outra banda, Limpeza retirou 21.500 quilos de residuos e cinzas mediante un dispositivo formado por 44 traballadores e 14 vehículos.
xoves, 23 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, saudaron este xoves aos 19 axentes que remataron a súa formación na academia de A Estrada e incorpóranse desde hoxe á Policía Local de Vigo, onde operarán en prácticas ata o próximo mes de novembro, data de entrada efectiva do corpo. Caballero amosouse "satisfeito" pola suma de novos efectivos de seguridade, medida que forma parte da "vocación" do goberno local.
mércores, 22 xuñ 2011
O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Carlos L. Font, está a avaliar as solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros están a inspeccionar cada unha das peticións antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.
luns, 20 xuñ 2011
Abel Caballero e Miguel Cortizo coñeceron este luns de primeira man a marcha das obras de construcción da nova comisaría da Policía Nacional en Vigo, ubicada en López Mora, que ten prevista a súa finalización para o mes de novembro. O Goberno de España destina 15 millóns para esta infraestrutura, de 14.500 metros cadrados. O delegado do Goberno en Galicia visitou posteriormente o Concello de Vigo, onde asinou no Libro de Honra municipal.
xoves, 16 xuñ 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Seguridade, Carlos López Font, presentaron este xoves en Samil a sección Seguridade Costa e Praia da Policía Local, que xa atende en bicicleta "desde Nigrán ata Redondela" con 17 axentes e, como novidade deste ano, atenderá puntualmente as Illas Cíes. Xunto á sección, os efectivos de salvamento e socorrismo operan desde onte en 11 praias de Vigo, un dispositivo que supera o medio centenar de persoas.
venres, 20 mai 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este venres aos 31 axentes da Policía Local que este 2011 cumpren 25 anos de servizo, efectivos aos que fíxolle entrega dunha orla conmemorativa da súa promoción. Caballero eloxiou a súa laboura como vertebradores da cidade e recordou que outros 35 policías están a formarse actualmente para sumarse ao corpo de seguridade municipal.