Escoitar

Caballero destaca que Vigo é unha das cidades máis seguras de España

Abel Caballero subliñou hoxe luns que todos os informes revelan que Vigo é unha das cidades máis seguras e con menor número de delitos de toda España. Así o indicou durante a celebración do Día da Policía Nacional, nun acto no que felicitou á Policía Nacional pola "importante labor que desempeña", animándoa a seguir a traballar "non só pola seguridade, senón tamén en defensa do estado de dereito".

luns, 3 out 2011
1317659399poli.jpg
"Vigo é unha das cidades máis seguras e con menor número de delitos de toda España", enfatizou o alcalde durante a celebración do Día da Policía Nacional, nun acto no que reiterou o compromiso do Goberno municipal coa seguirade referindo a renovación da dotación persoal e material da Policía Local que se fixo ao longo dos últimos catro anos. Logo de facer mención "á estrecha" colaboración que existe entre a Polícia Local e Nacional e o recoñecemento mutuo sobre as labores que debe facer cada un, loubou a actuación das forzas de seguridade do Estado, animándoas a seguir a traballar "non só pola seguridade, senón tamén en defensa do estado de dereito".

A seguridade cidadá non hai que entendela como o vello concepto de orden, dixo, "hai que entendela como elemento que transmite seguridade aos cidadáns, que invita a vivir na nosa sociedade sen medo a ser vítima de delitos nin de inxustizas". Concluiu dando ás grazas por ter invitado a este acto ao alcalde de Vigo porque "é unha invitación a que toda a sociedade viguesa forme parte da festa". No Centro Social Novacaixagalicia tamén estiveron presentes, entre outros, o subdelegado do Goberno, Delfín Fernández ou o xuíz decano, Germán Serrano.
Descargar todas as imaxes