venres, 7 out 2011
O Concello de Vigo comenzará de "xeito inmediato" as obras de adaptación da antigua Escola de Hostelería para convertilo en albergue provisonal e permanente. O rexedor fixo este anuncio logo de manter un encontro "moi satisfactorio" con responsables de Émaus, a ONG encargada de xestionar as instalacións, aos que lles transmitiu a súa intención de proseguir con estas obras, xa que a cesión do edificio das Misioneras do Silencio "está suxeito a moitos interrogantes" e non podemos chegar a xaneiro sen albergue, explicou.
venres, 7 out 2011
A Xerencia de Urbanismo deu este venres luz verde aos pregos de condicións para a contratación do derrubo parcial do edificio de Churruca 3-5, afectado por unha sentenza xudicial. O alcalde explicou que o Concello executa a sentenza de modo subsidiario, polo que repercutirá ao promotor os 557.000 euros do custo da operación. A comezos de decembro iniciarase a demolición dos andares 9 e 10, deshabitados.
venres, 7 out 2011
Abel Caballero anunciou este venres que o CAT pasará a ser xestionado desde o Museo Liste, o centro etnográfico da cidade, un cambio que aforrará 100.000 euros ás arcas municipais e non conlevará modificación algunha sobre o ofertado ata o momento. Segundo explicou, manterase o alumnado e todos os cursos na sede do Centro de Artesanía Tradicional, cun custe de 40.000 euros, polos 140.000 anteriores.
venres, 7 out 2011
O concelleiro de Turismo e Comercio, Cayetano Rodríguez, acudiu este venres á Estación Marítima onde está localizado o Centro de Recepción de Visitantes, aberto polo goberno local no pasado mes de novembro de 2010. A oficina ofrece información útil aos turistas, realización de rutas, comercialización do bus turístico e a posta en valor dos recursos turísticos da cidade de Vigo.
Anuncio Concellería de Igualdade
venres, 7 out 2011
O obradoiro, de carácter gratuito, está destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as persoas que escriben.
venres, 7 out 2011
A exposición presenta un percorrido polo papel da muller na Astronomía, a través dunha serie de paneis nos que se tratan os principais fitos da Astrofísica, onde o papel da muller foi fundamental desde a antigüidade ata os nosos días. A mostra pódese visitar durante todo o mes de outubro na Casa das Mulleres, rúa Romil 20.
venres, 7 out 2011
O Verbum comeza de novo os seus obradoiros dominicais para nenos e familias. A primeira sesión será o domingo 9 de outubro e nesta ocasión dedicarase o mes a uns talleres nos que se traballarán temas de imaxinación e creatividade. A actividade está orientada a menores de 5 a 12 anos e familias, con entrada gratuíta ata completar aforamento (50 persoas) en horario de 12 a 13.30 horas.
Anuncio de Estatística
venres, 7 out 2011
Dacordo co artigo 39.2 da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral comunícase que estará aberto un servizo de consulta do Censo Electoral no Concello de Vigo, dende o dia 3 ata o dia 10 de Outubro, ambos inclusive na oficiña de Estatística co seguinte horario:maña de 9 a 14,00 horas e tarde de 17 a 19 horas.