Caballero invita a cidadanía a sumarse á sexta edición do Concurso de Tapas, no que participan 27 locales do Casco Vello
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cascos Históricos, Carmela Silva, participaron este xoves na presentación da sexta edición do Concurso de Tapas VigoVello, que celebrarase desde mañá 7 ata o 29 de outubro en 27 locais da zona antiga viguesa, a un prezo de 1,5€. Entre os participantes sortearanse tres cheques regalo por valor de 200 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, invitou este xoves á cidadanía viguesa a participar na sexta edición do Concurso de Tapas VigoVello, no que compiten -desde mañá e ata o 29 de outubro- un total de 27 locais da zona histórica.
Cada un dos establecementos adheridos ofertará unha tapa a un prezo de euro e medio, e os clientes poderán conseguir un cartón e un selo por cada local no que consuman. Aqueles que teñan selos da metade máis un dos recintos poderán votar ás tres mellores tapas presentadas ao concurso.
Entre aqueles que participen sortearanse tres cheques-regalo de 200 euros cada un para realizar compras nos comercios asociados a VigoVello. Os tres establecementos elixidos polas súas tapas serán galardoados, ademáis dunha mención especial á mellor presentada.
Os 27 locais do Casco Vello son a Marisquería Bahía, A Pola, Vinoteca Noitadega, Vinotales, Setembro, Te Veré, Tapería Roteas, Cafetería Reconquista, Jaqueivi, Dona Vaniri, Chavolas, Fai Bistes, La Taza de Oro, Picadillo, Lume de Carozo, El Pasillo, Retranca, Cre-Cottê, La Comidilla, Axouxere, A Curuxa, Se Finí, La Despensa de Castilla, Vaiche Boa, XII, Pita Tola e La Carbonara.