Caballero asina un convenio cos veciños de Curva de San Gregorio para formación en novas tecnoloxías
Abel Caballero e o representante veciñal da Asociación Curva de San Gregorio asinaron hoxe xoves un convenio polo que o Concello aporta 3.000 euros para organizar cursos de tecnoloxías da información e da comunicación e sufragar parte do aluguer do local. O alcalde recordou que a AVV cooperou co goberno local na humanización da segunda fase de Tomás Alonso.
Os veciños da Curva de San Gregorio poderán acceder a cursos de tecnoloxías da información e comunicación, tal e como explicou hoxe xoves o alcalde, quen esta mañá asinou un convenio de colaboración co representante da asociación de veciños, Alexandre Bermúdez.
O Concello, a través da concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aportará 3.000 euros para fomentar actividades educativas no barrio e sufragar parte do aluguer do local de 100 metros no que operan.
Abel Caballero apuntou que trátase dunha "asociación de nova creación, moi dinámica" que cooperaron co Concello na humanización da segunda fase de Tomás Alonso.
Descargar todas as imaxes