Escoitar

O alcalde reuníuse coa nova diretiva da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, mantiveron este xoves unha reunión cos novos responsables de APEC, cos que o goberno local mantén unha "magnífica relación". Os mandatarios municipais transmitiron algunhas das melloras que está a introducir o Concello na normativa municipal para facilitar a edificación.

xoves, 6 out 2011
1317903316construcino.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou que o goberno local mantén unha "magnífica relación" coa Asociación pola "cooperación mutua" entre as entidades.

Caballero recordou que APEC apoiou o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado tres anos atrás e tamén respaldou duplicar a porcentaxe de vivenda protexida na normativa urbanística.

"Continuamos a relación coa asociación de constructores", afirmou Caballero, quen desvelou que a entidade traballa na expectativa da recuperación da demanda de vivendas en Vigo e que abordaron asemade a seguridade xurídica que aporta o PXOM.
Descargar todas as imaxes