Escoitar

O alcalde visitou as humanizacións das rúas Pino e Asturias, nas que o goberno local investiu 800.000 euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu este mércores as rúas Pino e Asturias, humanizadas polo goberno local cun orzamento superior aos 800.000 euros. As reformas realizadas polo Concello, "de alta calidade", inclúen a ampliación da superficie para as novas beirarrúas de granito, así como a renovación das canalizacións de servizos soterrados e a incorporación de novo arborado e mobiliario urbano.

mércores, 5 out 2011
1317815095pino.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, realizou na mañá deste mércores unha visita as rúas Pino e Asturias, humanizadas polo goberno local cun orzamento superior aos 800.000 euros, 522.000 euros na primeira e 280.000 euros na segunda.

Como ben sendo habitual, as reformas executadas polo Concello supuxeron a ampliación da superficie existente para as beirarrúas, agora de granito, que pasan a ocupar o 40% do total da actuación realizada en ambos viais, case 2.000 metros cadrados en total.

As humanizacións "de alta calidade" realizadas conlevaron a renovación das redes de servizos soterrados, tanto do saneameamento como do abastecemento e das augas pluviais. O goberno de Abel Caballero tamén renovou o mobiliario urbano das rúas, sumando máis arborado, puntos de luz, bancos e papeleiras.

Abel Caballero adiantou que o goberno local ten pendente a humanización da rúa Troncoso, tamén demandada pola veciñanza, como no caso da rúa Pino.
1317815095pino.JPG
1318498452IMG_3240.JPG
1318498475IMG_3245.JPG
1318498523IMG_3309.JPG
1318498547IMG_3314.JPG