Escoitar

O alcalde aposta porque a Marca Vigo permita "difundir e coñecer" a nosa cidade en toda España

Abel Caballero avogou hoxe martes porque a Marca Vigo permita difundir e coñecer a nosa cidade en toda España. Durante unha intervención no Foro Nova Economía, Caballero culificou de "estratéxicos e vitais" a industria da automoción e o naval, ao tempo que avanzou, con apoio dos orzamentos municipais, "unha aposta decidida pola diversificación económica". Nesta liña anunciou "unha grande movilización desta cidade buscando o seu futuro, potenciando a capacidade de Vigo para facer escoitar a súa voz", un proxecto, que se canalizará a través da Vigo Convention Bureau. <br />

martes, 4 out 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe martes que a Vigo Convention Bureau será o encargado de canalizar unha aposta decidida polo proxecto Marca Vigo "que permita difundir e coñecer a nosa cidade en toda España. Logo de certificar o "estratéxico e vitais" que son os sectores da automoción e do naval, avanzou unha aposta decidida pola diverificación económica, que pasa por apoio orzamentarios ao sector turístico, xerando "unha grande movilización cidadá buscando o seu futuro". Durante a súa intervención no Foro Nova Economía, indiciu na necesidade de que Vigo fomente a súa capacidade de de facer escoitar a súa voz e "ese vai ser o eixo central da nosa acción de Goberno, dixo, invitando a todas as forzas vivas a formar parte do proxecto.

Ao longo do seu discurso, Caballero quen explicou "que o único que lle quita o sono é o paro", avanzou que a Comisión delegada de emprego que conformou ao inicio da lexislatura está a punto de presentar os seus plantexamentos. Unhas propostas que son posibles, indicou, dada a solvencia do Concello de Vigo, o "menos endeudado de toda España". Reiterou o seu compromiso coas políticas de incentivación de emprego, ao tempo que destacou a Vigo como modelo de cidade sostible.

Tamén fixo referencia ao urbanismo que se practica na cidade e no que opera a seguridade xurídica xa que "as licencias anuladas ou as ordenes de derribo se acabaron fai catro anos". O PXOM que se aprobou con este Goberno, indicou, se carateriza polo respeto ás normas e das 32 sentenzas que emitiu o TSXG sobre este plan, todas son favorables para o Concello. Avanzou que é fundamental que o planeamento urbanístico se siga desenvolvendo e que esté preparado para cando se reactive a economía xa que "a nosa única limitación nestes momentos é a crise".

Respecto do porto, reiterou a súa vocación de entendemento cun dos "piares estratéxicos de presente e futuro" desta cidade e avanzou o apoio do Concello en temas tan importantes como a Autopista do Mar, a ampliación do Areal, o porto de Salvaterra ou a industria de cruceros.

A charla-coloquio do alcalde de Vigo, quen foi presentado pola tenente de alcalde e senadora, Carmela Silva, tivo lugar esta mañá no Pazo dos Escudos. No acto estiveron presentes representantes políticos, empresariais e sindicais da nosa cidade.