mércores, 5 outubro 2011

O alcalde visitou as humanizacións das rúas Pino e Asturias, nas que o goberno local investiu 800.000 euros

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, percorreu este mércores as rúas Pino e Asturias, humanizadas polo goberno local cun orzamento superior aos 800.000 euros. As reformas realizadas polo Concello, "de alta calidade", inclúen a ampliación da superficie para as novas beirarrúas de granito, así como a renovación das canalizacións de servizos soterrados e a incorporación de novo arborado e mobiliario urbano.

A Casa das Artes amosa unha exposición fotográfica dos 40 anos de Médicos Sin Fronteras

mércores, 5 out 2011

Coincidindo co 40 aniversario do seu nacemento, Médicos Sin Fronteras (MSF) inaugura, gracias á Concellería de Cultura, festas e políticas do Benestar, o 5 de outubro, na Casa das Artes de Vigo, a exposición "40 Anos de Acción Humanitaria Independente", unha mostra fotográfica que repasa a historia da organización, así como os principios que guiaron o seu traballo durante as últimas décadas. A exposición inaugurouse esta mañá coa asistencia de Abel Caballero, alcalde de Vigo e Fran Román, expatriado de MSF e poderase visitar ata o vindeiro 23 de outubro.

O concelleiro de Deportes confirma o compromiso do Concello co atletismo na presentación da Vigo+11<br />

mércores, 5 out 2011

A quinta edición da carreira popular Vigo+11, Trofeo El Corte Inglés, aspira a levar a vinte das principias rúas da cidade a uns 1.500 deportistas o vindeiro día 16, nun mes en que Galicia enteira programou numerosas probas atléticas populares, segundo explicouse na presentación da proba atlética urbana que percorre boa parte de Vigo. A carreira viguesa, gañada os dous últimos anos por Lolo Penas en categoría masculina e pola portuguesa Doroteia Peixoto en feminina (2010), con 2.800 euros en premios, xa abriu o prazo de inscrición e pode presumir dun gran apoio de patrocinios privados, ademais do respaldo do propio Concello de Vigo.

Comeza o II ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia"

mércores, 5 out 2011

O xoves día 6 comenza o II ciclo de charlas sobre mulleres con discurso feminista programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 horas a profesora Pilar Allegue Aguete falará sobre Concepción Arenal, unha das figuras máis relevantes do século XIX en España, tanto no plano intelectual como social, renovadora do pensamento sobre os conceptos de igualdade e liberdade.