Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Sentido único na rúa Cacheno e peche ao tráfico nun tramo de María Berdiales

venres, 7 out 2011
- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción de beirarrúas, a realizar pola ENTIDADE LOCAL MENOR de BEMBRIVE, establécese sentido único na rúa CACHENO, treito entre Cño Troncales e o Vial Baruxans, cara ao Vial Baruxans, dende o luns 10 de outubro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dun mes.


- Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de instalación de válvula de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa MARIA BERDIALES, treito entre Hernán Cortés e Magallanes, con acceso exclusivo para garaxes, dende o mércores 12 de outubro de 2011 ás 07:00 horas e por un período aproximado dun día.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.