Escoitar

O alcalde anunciou o investimento de 4,5 millóns para humanizar Brasil, Ramón Nieto e Pintor Colmeiro

A Xunta de Goberno deu luz verde aos proxectos de humanización das rúas Brasil, fase II de Ramón Nieto e Pintor Colmeiro cun investimento de 4,5 millóns de euros. Estas obras enmárcanse dentro do plan de reformas de rúas que o alcalde anunciou en setembro, cun orzamento total de 16 millóns de euros e que inclúe tamén as rúas Aragón, Nicaragua, Juan Ramón Jiménez, Martínez Garrido, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo. Todas serán licitadas este ano.

venres, 7 out 2011
1317992608hoy.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou esta mañá que a Xunta de Goberno de hoxe venres aprobou os proxectos de humanización das rúas Brasil, Ramón Nieto, e Pintor Colmeiro, cun importe total 4.500 millones de euros. Estas obras forman parte do plan de humanizacións que o rexedor avanzou o pasado mes de setembro e que permitirá licitar este ano a reforma de outras seis rúas: Aragón, Nicaragua, Juan Ramón Jiménez, Martínez Garrido, Doutor Marañón e Menéndez Pelayo, cun investimento total de 16 millóns de euros. O rexedor lembrou, a súa vez, que nestes momentos hai humanizacións en marcha en Castelao, entorno de Balaídos e Manuel Álvarez, por un total de 7,5 millóns de euros.

Escola Infantil
Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno, segundo indicou o rexedor, foi a reforma interior do edificio municipal que vai albergar a escola infantil Mestres Goldar. Unha vez que no pasado mandato fixemos as obras exteriores -explicou- hoxe aprobamos un investimento de 350.000 euros para reformar os case 450 metros construídos do edificio. As 100 prazas desta nova instalación, vanse sumar ás 488 plazas en garderías infantís públicas que estarán en funcionamento este curso, "fronte as apenas 300 que había cando chegamos ao Goberno hai catro anos", subliñou.

Na actualidade funcionan as seguintes garderías: Atalaia (Teis), 82 prazas; Santa Cristina (Lavadores), 82 prazas; Santa Marta (Casco Vello), 82 prazas; Costeira (Saiáns), 82 prazas; Tomás Alonso e Casiano Martínez, 80 prazas cada una. Estas dúas últimas estarán en funcionamento ao longo deste ano.

Asimesmo, referiuse ás tres novas garderías en previsión, que suporán 200 novas prazas: A Doblada, Navia e Lavadores e que terán un custo de 300.000 euros.

Descargar todas as imaxes