Escoitar

Caballero avanza o comenzo "inmediato" das obras de adaptación da Escola de Hostelería

O Concello de Vigo comenzará de "xeito inmediato" as obras de adaptación da antigua Escola de Hostelería para convertilo en albergue provisonal e permanente. O rexedor fixo este anuncio logo de manter un encontro "moi satisfactorio" con responsables de Émaus, a ONG encargada de xestionar as instalacións, aos que lles transmitiu a súa intención de proseguir con estas obras, xa que a cesión do edificio das Misioneras do Silencio "está suxeito a moitos interrogantes" e non podemos chegar a xaneiro sen albergue, explicou.

venres, 7 out 2011
1317992827emaus.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, transmitiu hoxe venres aos responsables de Émaus que a Xunta de Goberno local aprobou o cambio de uso da Escola de Hostelería polo que a primeira fase das obras de remodelación para convertilo en albergue comezan de "xeito inmediato". Serían as correspondentes ao cambio do ascensor e mellora dos accesos para adaptalo ás esixencias que teñen que reunir os edificos públicos para calquera que sexa o seu uso. Logo dun encontro "moi satisfactorio" con responsables da ONG adxuducataria da xestión das futuras instalacións, Caballero aclarou que a folla de ruta do Concello -indicou- pasa por abrir o albergue na Escola de Hostelería como centro provisonal e permanente durante dous anos, tal e como se aprobou en Pleno. Non obstante, dixo, se finalmente as Misioneras do Silencio ceden o seu edificio e o Patronato o aproba, esa sería a ubicación ideal para o albergue, e se descartaría a Escola de Hostelería.

O rexedor avalou o avance nas obras do edificio do Berbés posto que a outra alternativa está suxeita a moitos interrogantes que non dependen do Goberno municipal, e "non queremos chegar a xaneiro sen albergue". Temos -engadiu- un compromiso de solidariedade con esta cidade co que nos presestamos ás eleccións. Reiterou que o convenio con Émaus "sigue vixente", engadindo que "se polo camiño se abre outra posiblidade de acordo mutuo iríamos á outra ubicación".
Descargar todas as imaxes