Escoitar

O alcalde asegura que manteranse os cursos do Centro de Artesanía Tradicional no Casco Vello

Abel Caballero anunciou este venres que o CAT pasará a ser xestionado desde o Museo Liste, o centro etnográfico da cidade, un cambio que aforrará 100.000 euros ás arcas municipais e non conlevará modificación algunha sobre o ofertado ata o momento. Segundo explicou, manterase o alumnado e todos os cursos na sede do Centro de Artesanía Tradicional, cun custe de 40.000 euros, polos 140.000 anteriores.

venres, 7 out 2011
1318003049caballero.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este venres o mantemento dos cursos que ofrece o Centro de Artesanía Tradicional na súa ubicación no Casco Vello.

O rexedor municipal xa anunciara días atrás a decisión do goberno de Vigo de que o CAT fora xestionado desde o etnográfico Museo Liste, e hoxe apuntou máis detalles ao respecto. Baixo a xestión do Liste, o Centro de Artesanía Tradicional manterá todos os seus cursos na mesma sede onde os ofertaba ata o momento, e suporá un aforro de 100.000 euros ás arcas do Concello.

Explicou Caballero que non vanse alterar os cursos do CAT nin o seu emprazamento, e o alumnado será "alomenos" o mesmo que o de ata agora, aínda que o Concello procurará amplialo. Baixo a xestión do Liste, o custo municipal pasará a ser de 40.000 euros, polos 140.000 euros da partida anterior.
Descargar todas as imaxes