Escoitar
Anuncio Concellería de Igualdade

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro literario "Nós tamén escritoras"

O obradoiro, de carácter gratuito, está destinado a mulleres empadroadas en Vigo, maiores de 18 anos de idade, que teñan a ilusión de principiarse como escritoras, ou saber como pensan as persoas que escriben.

venres, 7 out 2011
O obradoiro é unha actividade formativa centrada na escrita literaria enfocada dende unha perspectiva lúdica e participativa. Dende o primeiro instante as participantes estarán creando textos literarios que serán publicados electrónicamente ao remate da actividade. Todas as mulleres asistentes recibirán como agasallo dous volumes de obras escritas por mulleres do catálogo Galaxia.

Contidos:
-Obradoiro de escrita creativa
-A práctica do relato breve
-Crear personaxes
-Obradoiro de poesía

Imparte: Francisco Castro
Colabora: Editorial Galaxia
Período e horarios:
Martes 18 e 25 de outubro de 18:00 a 20:00 h

Inscricións: na concellería de Igualdade a través do Tlf. 986 810 284 ou persoalmente na 1ª planta do Concello de Vigo, por orde de inscrición e ata cubrir as prazas

Prazas límitadas.