O alcalde anuncia a conxelación do billete do VITRASA para 2011 e do bono universitario e a rebaixa dun céntimo nas tarxetas verdes

martes, 21 dec 2010

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o Concello de Vigo non cargará sobre o billete e os bonos a subida establecida para 2011 no contrato con VITRASA e manterá os prezos deste ano no ordinario e para universitarios, e rebaixará un céntimo as tarxetas restantes. O Concello sufragará con medio millón de euros esta baixada de prezos -a primeira vez que acontece en Vigo-, "un gran esforzo" municipal derivado da "crise moi dura" que estamos a atravesar.

O Concello estudará cos comerciantes introducir melloras na circulación do centro da cidade

venres, 17 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, reuníronse este venres con representantes da Asociación de Comerciantes da Zona Centro para estudar de xeito conxunto algunhas propostas da entidade para mellorar a circulación e a sinalización do centro. O obxectivo do Concello é facilitar a mobilidade e dar un mellor servizo á cidadanía e ao comercio da urbe.

Caballero entrega os diplomas de varios cursos formativos a unha vintena de policías locais

venres, 17 dec 2010

Os cursos forman parte dun plan integrado de formación promovido pola Mancomunidade da Area Intermunicipal de Vigo e financiado polo Instituto Nacional de Administración Pública (Inap) con preto de 100.000 euros. O alcalde xunto a varios concelleiros e o xefe da Policía Local de Vigo, fixeron entrega dos títulos e destacaron a necesidade de formación constante e da actualización profesional.

Os paneis informativos pola cidade toman o relevo ás charlas nos centros de saúde

Unha campaña publicitaria, última acción informativa sobre os sistemas de retención infantil nos vehículos

martes, 14 dec 2010

A Concellería de Seguridade programou accións para sensibilizar e informar á cidadanía do axeitado uso dos sistemas de retención infantil nos vehículos. A publicidade nos mupis é a última fase desta iniciativa, tras a recollida de datos, os trípticos e a formación impartida por axentes nos centros de saúde. A información da Policía Local revela que o 52% dos vehículos non levan os sistemas de retención en condicións aptas de seguridade para os nenos

Os pasaxeiros que viaxen á universidade poderán conectarse gratuitamente a Internet

Vigo, primeira cidade de Galicia con conexión WiFi nos seus autobuses

venres, 10 dec 2010

O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, presentaron hoxe venres esta iniciativa. Un ordenador ou móbil con conexión Wi-Fi é suficiente para acceder a rede de Vitrasa. As características das liñas á universidade son as idóneas para a implantación deste servizo. Con esta iniciativa, Vitrasa aposta unha vez máis polas novas tecnoloxías.