Entra en funcionamento a rotonda de Gran Vía con Tarragona dando fluidez ao tráfico

luns, 9 ago 2010

Ás 11 da mañá deste luns comenzou a funcionar con total normalidade a nova glorieta ubicada en Gran Vía coa rúa Tarragona . Segundo explicou o alcalde vigués, Abel Caballero, toda a área de Gran Vía e de Povisa teñen xa a circulación e o tráfico que serán definitivos. O venres da pasada semana entraba tamén en funcionamento o tráfico na rúa Regueiro e a principios de xuño facía o mesmo a rotonda de Gran Vía con Islas Baleares.

O alcalde anuncia a apertura ao tráfico de Regueiro e a instalación o luns dunha rotonda provisional en Gran Via con Tarragona

venres, 6 ago 2010

Abel Caballero informou hoxe venres da apertura inmediata ao tráfico da rúa Regueiro, unha vez rematada onte a humanización. Por outra banda, o luns abrirase aos vehículos a rúa Tarragona, que cambiará o seu sentido a ascendente, e comezará a operar unha segunda rotonda provisional na Gran Vía, á altura de Tarragona. As modificacións conlevarán desde o luns pequenos cambios tamén en tramos de Pintor Colmeiro e da Hispanidade.

Vigo estreará un sistema innovador para recabar información dos fluxos de tráfico via Bluetooth

xoves, 29 xul 2010

O concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, e o responsable de TrafficNow, Gabriel Garrido, presentaron hoxe xoves un sistema experimental de "custe cero" para coñecer percorridos e velocidades medias do tráfico vía Bluetooth. A próxima semana instalaranse cinco sensores na Avenida de Madrid, na Gran Vía e en Castelao, que contactan cos dispositivos Bluetooth dos vehículos para recabar datos estadísticos.

Abel Caballero e Antón Louro sinalan que o descenso dos delitos ratifican que "Vigo é unha cidade segura"

xoves, 24 xuñ 2010

Hoxe xoves celebrouse unha Xunta de Seguridade na que participaron o alcalde de Vigo e o delegado do Goberno en Galicia e constatouse unha melloría dos indicadores de delincuencia con respecto ao pasado ano 2009, que sitúa a Vigo por debaixo da media de España e Europa. Louro informou que a tasa de criminalidade viguesa está dez puntos por debaixo da media estatal.

O Concello autoriza 18 fogueiras na noite de San Xoán que cumpren todas as garantías de seguridade

mércores, 23 xuñ 2010

A Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño recibíu un total de 20 solicitudes, das que dúas foron rexeitadas -na Avenida do Aeroporto e na Espedrigada- por non cumprir coa requisitos solicitados. Deste xeito, en 2010 Vigo sumará unha fogueira xa que o pasado ano as solicitudes ascenderon a 21 e 17 cumpriron todos os requisitos.

A Brigada policial para costa e praias contará este verán con 14 axentes e un oficial permanente ao mando

venres, 18 xuñ 2010

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres o dispositivo policial para a vixilancia e seguridade das costas e das praias, conformado por 14 axentes e a novidade dun oficial permanente ao mando da brigada. Caballero eloxiou o "factor de seguridade e confianza" que supón a súa presenza nos areais da cidade. O Concello instalou ademais paneis informativos sobre o axeitado uso da praia de Samil.

A Concellería de Seguridade recibíu solicitudes para organizar 14 fogueiras na noite de San Xoán

mércores, 16 xuñ 2010

O servizo municipal de Bombeiros, dependente da Concellería de Seguridade que dirixe o socialista Xulio Calviño, está a estudar as 14 solicitudes recibidas para a realización de fogueiras na noite de San Xoán de Vigo. De cara a ser autorizadas, os bombeiros inspeccionarán cada unha das peticións 48 horas antes da celebración, para garantir a máxima seguridade da cidadanía.