Escoitar

O Pleno aproba cambios na zona azul que permitirán anular sancións de ata 45 euros con pagos dun máximo de 7 euros

O Pleno da Corporación Municipal aprobou este luns definitivamente a modificación da ordenanza que regula o estacionamento regulado pola zona azul, a XER, que inclue medidas "claramente positivas para os cidadáns, máis neste momento de dificultades económicas", segundo asegurou o concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño. Dependendo da infracción, os sancionados poderán evitar a multa de ata 45 euros con pagos de 2,3 euros, 5 ou 7 euros na propia máquina expendedora.

luns, 31 xan 2011
1296479891xulio.jpg
O goberno local de Vigo aprobou definitivamente este luns en sesión plenaria a modificación da ordenanza da zona azul, que permitirá anular sancións de ata 45 euros con pagos de 2,3, 5 ou 7 euros na propia máquina expendedora.

O edil de Mobilidade, Xulio Calviño, asegurou que o cambio é "claramente positivo para os cidadáns, máis neste momento de dificultades económicas", pois fai posible evitar multas por infraccións da normativa XER con pagos menores e inclúe outras novidades, como que os vehículos de empresa ou en aluguer se suman aos de propiedade para conseguir a tarxeta de residente. "O que nos preocupa non é recadar senón que o servizo funcione", indicou o concelleiro.

Ata o momento, na primeira hora despois da sanción, o infrator podía evitar a multa co pago de 2,3 euros no caso de exceder o tempo previsto no tique. Co cambio validado cos votos do goberno local e a abstecion do PP, aquel que careza de tique ou supere o tempo máximo permitido de dúas horas de estacionamento nun mismo sector da zona azul poderá tamén anular a multa cun pago de 5 ou 7 euros nos primeiros sesenta minutos, evitando así os 30 e 45 euros respectivamente. "É unha boa mostra de que o que nos preocupa é o cidadán", apuntou o socialista.
Descargar todas as imaxes