xoves, 3 feb 2011
Abel Caballero visitou este xoves o circuito de educación viaria do Centro de Educación Infantil e Primaria de Sárdoma-Moledo, onde recordou que o goberno local comprometérase ante o executivo autonómico a facer tres comedores e "cumprimos escrupulosamente", ao tempo que demandou á Xunta reformas en oito colexios da cidade. Nos catro últimos orzamentos, as partidas do Concello para reformas suman case 3 millóns de euros.
xoves, 3 feb 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, visitou este xoves a zona comercial centro, dentro da rolda de visitas que está a realizar ás diferentes zonas comerciais da cidade. No percorrido que hoxe realizou por diversos establecementos, o nacionalista defendeu a necesidade de seguir apoiando ao pequeno e mediano comercio nunha época de crise como a actual, polo que asegurou que "imos seguir traballando e presentando novas iniciativas" este ano.
xoves, 3 feb 2011
O Auditorio Municipal retoma mañá a programación estable de artes escénicas da man da compañía teatral Factoría Teatro, que representará a obra para público adulto "Hamlet, por poner un ejemplo", a partir das 21 horas. Segundo informa a Concellería de Cultura, esta obra está incluída no programa "Con T de Teatro", polo que as entradas teñen un prezo de 7 euros e se poden adquirir na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo da actuación.