Escoitar

O alcalde salienta o incremento dos recursos municipais para a mellora dos colexios de Vigo

Abel Caballero visitou este xoves o circuito de educación viaria do Centro de Educación Infantil e Primaria de Sárdoma-Moledo, onde recordou que o goberno local comprometérase ante o executivo autonómico a facer tres comedores e "cumprimos escrupulosamente", ao tempo que demandou á Xunta reformas en oito colexios da cidade. Nos catro últimos orzamentos, as partidas do Concello para reformas suman case 3 millóns de euros.

xoves, 3 feb 2011
1296741052educacion.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este xoves que os recursos para a mellora dos centros escolares destinados polo goberno actual "multiplicaron por tres" os de etapas anteriores, habéndose incrementado a partida anualmente.

Os orzamentos do Concello, desde 2008 a 2011, aumentaron paulatinamente a partida para reformas dos colexios públicos pese á crise económica, pasando dos 533.000 euros de 2008 aos 815.000 deste ano, sumando nos catro anos 2,8 millóns ao efecto.

Nunha visita ao circuito de educación viaria do CEIP Sárdoma-Moledo, o rexedor local salientou que "continuamente estamos aumentando os recursos que destinamos aos colexios", deixando ao marxe as partidas municipais para as bolsas de comedor, de libros ou de inglés.

O alcalde recordou que o goberno local comprometeuse ante a Xunta de Galicia a arranxar tres comedores escolares e "cumprimos escrupulosamente" e lamentou que o exectivo autonómico aínda ten pendente facer obras de mellora no Illas Cïes, Pintor Laxeiro, Pombal, Balaídos, Vicente Risco, Altamar, Celso Emilio Ferreiro, Canicouva e Doutor Fleming, actuacións que levan "ano e medio de retraso", denunciou.
Descargar todas as imaxes