O tenente de alcalde avanza que este ano ás axudas directas ao comercio sumaranse outras iniciativas de apoio ao sector
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, visitou este xoves a zona comercial centro, dentro da rolda de visitas que está a realizar ás diferentes zonas comerciais da cidade. No percorrido que hoxe realizou por diversos establecementos, o nacionalista defendeu a necesidade de seguir apoiando ao pequeno e mediano comercio nunha época de crise como a actual, polo que asegurou que "imos seguir traballando e presentando novas iniciativas" este ano.
"As axudas directas son importantes e seguiremos manténdoas, pero tamén hai que seguir facendo promocións fóra de Vigo para atraer novos visitantes", avanzou Santi Domínguez, como unha das novas liñas de traballo de apoio ao sector. Respecto á convocatoria para as axudas directas de 2011 indicou que aínda non hai prazo, pero adiantou que ademáis das axudas directas ao comercio tamén haberá axudas directas para as asociacións de comerciantes.
O tenente de alcalde explicou que as visitas iniciadas o mes pasado no Calvario teñen o obxectivo de "pulsar a realidade comercial da cidade e saber como foi a convocatoria de subvencións", que o ano pasado chegaron a 1.800 establecementos. O nacionalista manifestou o seu interese por coñecer "a opinión dos comerciantes para facer melloras de cara ao futuro".
Para o nacionalista, é deber das administracións apoiar ao pequeño e mediano comercio, fronte ás grandes superficies, xa que en Vigo "dá traballo a máis de 16.000 persoas". Neste sentido asegurou que este sempre foi un "obxectivo prioritario para o BNG". Asemade, Santi Domínguez quixo transmitir o apoio da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Comercio aos pequenos e medianos comerciantes ao longo do percorrido que realizou acompañado polo presidente da Asociación de Comerciantes de Príncipe, Cándido Rial, a quen lle agradeceu a colaboración.
Cándido Rial, pola súa banda, manifestou o seu agradecemento ao tenente de alcalde "polo interese e preocupación que sempre tivo polo comercio de Vigo". Dixo ademais que nestes momentos "agradécese calquera esforzo que se faga para poder sobrevivir". Respecto á situación de crise sinalou que ao seu xuízo "xa tocamos fondo e agora comezaremos a subir" e indicou que na zona Príncipe os comercios que pecharon "foi por outro tipo de razóns". "Somos uns afortunados", asegurou.
Descargar todas as imaxes