mércores, 2 feb 2011
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores os traballos que realiza o concello -a través do plan de emprego municipal UTIL- no barrio de Navia, nos que se está a actuar nas medianeras, nos espazos entre edificios e na parte traseira. O deseño do goberno local prevé unha zona verde de uso veciñal, algún parque infantil e instalacións deportivas.
mércores, 2 feb 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou hoxe o Museo Quiñones de León co obxectivo de comprobar o remate das obras de mantemento do edificio realizadas nos últimosmeses e presentar a exposición "Vigo, século XIX: o nacemento dunha cidade", que se inaugurará o vindeiro 25 de febreiro. Segundo destacou o nacionalista, esta mostra supón o primeiro paso para a transformación do Pazo de Castrelos en sede permanente da historia de Vigo como Museo da Cidade e como eixo central da vertebración museística de Vigo.
mércores, 2 feb 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, xantaron este mércores no comedor do colexio Emilia Pardo Bazán. O nacionalista destacou que a Concellería de Benestar Social concedeu un 14% máis de becas de libros e comedor que o curso pasado e que destinou un total de 620.000 euros para atender a 2.258 solicitantes, dos que 1.724 corresponderon a axudas de comedor e 534 a libros.
mércores, 2 feb 2011
A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou este mércores o obradoiro literario "Nós tamén escritoras", que impartirá o escritor Francisco Castro grazas á colaboración da editorial Galaxia. O obradoiro está dirixido ás mulleres empadroadas en Vigo con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, polo que Iolanda Veloso animou ás rapazas viguesas a participar na iniciativa.