venres, 4 feb 2011
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, explicou este venres que xa rematou a limpeza e recuperación do humidal de A Bouza e procederá de "inmediato" á instalación de dous miradores "pouco invasivos" para que a cidadanía poida aprender e observar a vida dos humidais urbanos. Por outra banda, o departamento continúa cos traballos de revalorización dos outros catro identificados ata o momento, o de O Vao, Goberna, Muíños e Barreiros.
venres, 4 feb 2011
O tenente de alcalde e presidente do comité executivo do Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, asinou hoxe un convenio co presidente da Asociación de Industriais Metalúrxicos (Asime), Julio Gómez. O nacionalista destacou que a sinatura do documento ten o obxectivo de promocionar a industria e a economía viguesas, e en concreto o sector naval, nas accións organizadas polo Vigo Convention Bureau.
venres, 4 feb 2011
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, presentou este venres as novas guías de centros públicos privados e concertados no Concello de Vigo para o curso escolar 2011/2012, que inclúen a información, servizos, equipamento, instalacións e actividades extraescolares dos colexios. A edil volveu reclamar á Xunta de Galicia que se sume á actuación municipal para mellorar os centros educativos vigueses.
venres, 4 feb 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, deu conta este venres da memoria de datos do Plan Local de Drogas e outras adiccións nas súas vertentes de prevención e asistencia. A concelleira nacionalista destacou o incremento que se está a producir nas accións preventivas no curso 2010-2011 a respecto do 2009-2010 fronte a redución dos casos asistenciais neste mesmo periodo de tempo. Ata final de ano a prevision é chegar a 12.000 persoas cos diferentes plans de previnción, mentras que se reduciron nun 12,8% o inicio de novos tratamentos asistenciais.
venres, 4 feb 2011
O Auditorio Municipal programa para este fin de semana dúas actuacións musicais gratuitas para público infantil, segundo informa a Concellería de Cultura. Trátase do espectáculo "Ola, ola, la", da compañía Mamá Cabra, que se representará mañá sábado e o domingo, 5 e 6 de febreiro, ás 18 horas. As entradas pódense recoller na taquilla do auditorio dende unha hora antes do comezo da actuación.
venres, 4 feb 2011
Este domingo día 6, no Paseo de Alfonso, o CAT, Centro de Artesanía Tradicional da Concellería de Patrimonio Histórico continua coa su aposta por promocionar a artesanía tradicional e o produto ecolóxico cunha nova edición de FEIRA, dinamizando ao mesmo tempo espazos públicos no Casco Vello coa programación de actividades paralelas.
venres, 4 feb 2011
O sábado día 5 e domingo día 6 de febreiro terán lugar, ás 18 horas,no Verbum, e con entrada gratuíta para todos os públicos ata completar aforamento a representación teatral "Verbum Fahrenheit" inspirado na novela de Ray Bradbury.