Unha demostración de instrumentos populares e un obradoiro de elaboración artesanal de perfumes son as novidades de FEIRA
Este domingo día 6, no Paseo de Alfonso, o CAT, Centro de Artesanía Tradicional da Concellería de Patrimonio Histórico continua coa su aposta por promocionar a artesanía tradicional e o produto ecolóxico cunha nova edición de FEIRA, dinamizando ao mesmo tempo espazos públicos no Casco Vello coa programación de actividades paralelas.
Ao igual que o mes pasado, flores e plantas e os produtos da horta combinaranse coa artesanía e un polbeiro que o servirá ao xeito tradicional, enchendo de vida e cor O Paseo de Alfonso, que por un día pasar a ser un lugar de lecer.
Este domingo contarase cos artesáns Antonio Suárez e Diego Langarika. O primeiro fará unha demostración de cestería, de centenaria tradición na nosa cidade, combinandoa coa venta de produtos que forman parte do noso patrimonio cultural. O segundo, acude por primeira vez a FEIRA dende Pontecaldelas, onde ten o seu obradoiro Mediante unha demostración en vivo da súa actividade como luthier nos amosará o traballo que leva desenvolvendo dende 1998 cunha técnica persoal curtida co paso dos anos, onde coida cada detalle a percura da millor sonoridade acompañada dun perfecto deseño
O deseño actual e sostible de pezas de bisutería de LATONTAYLARUBIA, os complementos en cobre e prata de de Artcoiris e os tecidos de María Almazán son artigos novidosos que dende o CAT se queren achegar a todos os públicos. LATONTAYLARUBIA o forman Ramón López (Albacete) e Núria Manzano (Lleida) que instaláronse en Santiago para deseñar pezas de xoiería inspirados en ornamentos de mobles utilizando materiais de refugallo e o latón como materia prima.
Polo que respecta aos produtos de horta contaremos coa presencia de diferentes productores dos que podemos destacar a Finca Con da Santa, nome sobre o que traballa Adelina Padín que despois de 30 anos como cristaleira, profesión na que foi pioneira, da un xiro na súa vida dedicándose a súa verdadeira vocación: a agricultura. Consciente que na agricultura convencional cada vez tiña máis importancia a cantidade e non a calidade do produto, decide mercar unha finca no ano 90 e desde hai tres anos dedícase a comercializar produto ecolóxico, mais respetuoso co medio ambiente e coa saúde das persoas.
Nesta busca pola calidade, todos os meses se trae de Santiago un dos pans considerado de máis valor artesanal e ecolóxico, o realizado pola Panadería Divina. O queixo con denominación de orixe de Daniel Torres, os embutidos de Ecogaliza e os productos ecolóxicos da cooperativa viguesa ÁRBORE completarán a cesta da compra este mes.
E para rematar, que mellor que levar unha planta e unhas flores do centenario viveiro vigués J. Flores e uns pequenos xabóns dos que realiza de xeito artesanal Josefa Gallego, natural de Barcelona que cursa estudios de Botánica en Zaragoza, cuia verdadeira vocación sempre foi a elaboración de xabóns e cremas artesanais, elaborados con produtos naturais que ela mesma cultiva ou recolle no monte.
OBRADOIRO ARTESANAL DE ELABORACIÓN DE PERFUMES PARA FAMILIAS
Horario: 12:00 a 13:130 h
Máximo: 20 persoas
En colaboración coa Aula Medioambiental Aloe Ingenieros, o CAT programa para esta edición de FEIRA un obradoiro para familias na que cun alambique elaboraran a súa propia colonia utilizando plantas do contorno e técnicas tradicionais. Cando rematen cada persoa poderá levarse pàra súa casa o produto elaborado.
Máis información na web do CAT www.cat.vigo.org