Escoitar

Verbum Fahrenheit, representación tetarla no Vervum-Casa das Palabras

O sábado día 5 e domingo día 6 de febreiro terán lugar, ás 18 horas,no Verbum, e con entrada gratuíta para todos os públicos ata completar aforamento a representación teatral "Verbum Fahrenheit" inspirado na novela de Ray Bradbury.

venres, 4 feb 2011
1296827709vervumprograma.jpg
SINOPSE:

Verbum Fahrenheit achega a historia dos homes libro presente na novela de Ray Bradbury Fahrenheit 541 escrita en 1953 e levada ao cine por François Truffaut en 1966.

Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios.

Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse.

Verbum Fahrenheit é un espectáculo coproducido por Limiar teatro e o museo Verbum – Casa das Palabras coa colaboración de Ponte nas Ondas. Un espectáculo interactivo e didáctico destinado a todos os públicos baseado na novela Fahrenheit 451 que combina a narración, a música en directo e os monicreques para contar a historia dos homes libro.
Descargar todas as imaxes