O tenente de alcalde destaca que Benestar Social aumentou as becas de comedor e libros un 14%
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, xantaron este mércores no comedor do colexio Emilia Pardo Bazán. O nacionalista destacou que a Concellería de Benestar Social concedeu un 14% máis de becas de libros e comedor que o curso pasado e que destinou un total de 620.000 euros para atender a 2.258 solicitantes, dos que 1.724 corresponderon a axudas de comedor e 534 a libros.
"O incremento de becas para escolares é unha proba máis do noso compromiso coas políticas sociais", afirmou Santi Domínguez. Neste sentido lembrou que no curso pasado houbo un incremento do 18% no número de solicitudes presentadas e que en previsión desta maior demanda o departamento de Benestar Social incrementou o orzamento destinado ás becas de libros e comedor ata en 200.000 euros, chegando aos 620.000 euros.
No curso pasado houbo 2.601 solicitudes de comedor, concedéronse 1.724 e denegáronse 355 por non reúnir os requisitos. No caso das becas de libros, presentaronse 1.056 peticións, concedéronse 534, e denegáronse 162. Cada alumno ou alumna recibe unha beca de comedor de 41 euros mensuais e no caso dos libros a beca é unha axuda única de 75 euros.
Descargar todas as imaxes