Escoitar

Caballero apunta a necesidade de crear máis pasos de peóns con semáforo para facer "unha cidade máis permeable"

Vinte centros educativos da cidade recibirán formación en educación vial dentro de un programa no que participan a Policía Local, Dirección Xeral de Tráfico e Hospital de Fátima. O rexedor avanzou hoxe xoves durante a rolda de prensa de presentación do programa: Tu seguridad, nuestro compromiso, a necesidade de crear máis pasos de peóns con semáforo que permitan facer "unha cidade máis permeable". <i></i>

xoves, 2 feb 2012
1328187448fatima.jpg
Baixo o lema: Tu seguridad, nuestro compromiso, o rexedor presentou hoxe xoves un programa de educación vial en centros educativos no que participan a Policía Local, a Dirección Xeral de Tráfico e o Hospital de Fátima. Durante a rolda de prensa, que tivo lugar no devandito centro sanitario, Caballero avanzou a necesidade de crear máis pasos de peóns con semáforo que permitan facer "unha cidade máis permeable".

Acompañado pola delegada provincial en Pontevedra da DXT, María Helena Rodríguez; o piloto oficial Nissan GT, Lucas Ordóñez e o xerente de Fátima, José Ramón Santamaría, o alcalde insistiu en que "o fundamental é a prevención", de aí a importancia de organizar estas xornadas en centros educativos, con alumnos de ESO e Bachirelato, con idades de entre 14 e 18 anos.

Segundo explicou, o programa desenvolverase en vinte centros educativos, en dúas quendas de dez, polo que ao remate destas xornadas serán máis de dous mil escolares os que reciban esta formación.
Descargar todas as imaxes