Escoitar

O goberno local da luz verde ao ámbito de Falcoa, en Castrelos, que incluirá 799 vivendas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves da aprobación inicial validada este xoves na Xerencia de Urbanismo e na Xunta de Goberno Local ao desenvolvemento deste ámbito de máis de 127.000 metros cadrados, en Castrelos. Segundo explicou Caballero, das 799 vivendas a construir, 255 serán protexidas, e a cidade incrementará en máis de 17.000 metros cadrados as súas zonas verdes e de ocio.

xoves, 2 feb 2012
1328187544alcalde5.jpg
O alcalde explicou que o plan parcial de Falcoa ten uso residencial e é de iniciativa pública, co que correspóndelle ao Concello a promoción do devandito planeamento.

A superficie total do ámbito supera os 127.000 metros cadrados, cunha edificabilidade máxima de 74.000 para uso residencial. A edificabilidade en vivenda colectiva tamén acada o seu máximo, adicando ao efecto 43.500 m2.

Dentro da superficie para vivenda colectiva, o plan parcial prevé máis de 28.000 metros cadrados para pisos de protección pública. En total, Falcoa acollerá 544 vivendas libres e 255 protexidas. Tal e como explicou Abel Caballero, o desenvolvemento deste ámbito urbanístico permitirá á cidade gañar máis de 17.000 metros cadrados de zonas verdes e de ocio, e outros 7.700 para equipamento.

"Estamos asistindo ao inicio do desenvolvemento dun ámbito da maior importancia, con 800 vivendas", asegurou o rexedor vigués, unha parcela que rematará a súa fase de planeamento en aproximadamente un ano. Desde entón, iniciarase a urbanización, que pode alongarse entre dous e catro anos, e a partir de ahí será a quenda da edificación.

Urbanismo
Caballero informou que o Consello da Xerencia municipal de Urbanismo, celebrado hoxe, deu conta da concesión de 21 licenzas de obras, cun investimento de case un millón de euros, nos que se inclúe un edificio de 14 vivendas e dous locais comerciais, xa en construción, na Praza da Princesa.