Santi Domínguez asegura que as obras que se fan no Casco Vello "se reclamaban a berros desde hai anos"

venres, 15 mai 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a reforma de rúas que se está a desenvolver no Casco Vello "é unha actuación como nunca se fixera ata o de agora" no barrio. Na visita que realizou hoxe as obras acompañado do concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, explicou que se está a traballar nun total de 16 rúas sobre unha superficie de 8.716 metros cadrados cun investimento de 3,7 millóns de euros.

Ciclo sobre o rural galego organizado por Patrimonio Histórico continua no auditorio do Areal

mércores, 13 mai 2009

O CAT- Centro de Artesanía Tradicional- organiza un ciclo de conferencias con título "O fin? Do rural? Galego?" que se celebra durante este mes de maio no auditorio do Edificio Municipal do Areal. O xoves, 14 ás 19:30 , José Antonio Fernández de Rota, catedrático de antropoloxía social da Universidade da Coruña falará sobre "A urbanización intensa do campo e os seus resistentes".

Exposición de madeira torneada

martes, 12 mai 2009

O CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo e o Instituto Camões acollen a mostra "CONTORNOS II Exposición itinerante de madeira torneada" que se poderá visitar do 12 ao 28 de maio. A exposición compleméntase cunha demostración de tornería en horario de mañá os martes e xoves.

O ciclo sobre o rural galego organizado por Patrimonio Histórico comeza mañá no Auditorio do Areal

mércores, 6 mai 2009

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este mércores o ciclo "O fin do rural galego", integrado pola celebración de conferencias, a proxección dun documental e unha mesa redonda, que terá lugar ao longo do mes de maio no Auditorio Municipal do Areal. O programa comeza mañá, ás 19.30 horas, coa conferencia impartida pola profesora de Antropoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Nieves Herrero, baixo o título "As Encrobas: un caso de transformación social en Galicia".

Santi Domínguez presenta a nova sinalización do patrimonio arqueolóxico e cultural da cidade

xoves, 5 mar 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este xoves a nova sinalización do patrimonio arqueolóxico e cultural da cidade. Segundo explicou na presentación, que tivo lugar na Praza da Pedra, na primeira fase do proxecto sinalizáronse 37 elementos do patrimonio da cidade, que foron deseñados "atendendo as súas características específicas" e que contan con textos explicativos do historiador José Ramón Iglesias Veiga e o arquitecto Jaime Garrido, escritos en galego, castelán e inglés.

Santi Domínguez presenta la nueva señalización del patrimonio arqueológico y cultural de la ciudad

xoves, 5 mar 2009

El teniente de alcalde, Santi Domínguez, presentó este jueves la nueva señalización del patrimonio arqueológico y cultural de la ciudad. Según explicó en la presentación, que tuvo lugar en la Plaza de la Piedra, en la primera fase del proyecto se señalizaron 37 elementos del patrimonio de la ciudad, que fueron diseñados "atendiendo sus características específicas" y que cuentan con textos explicativos del historiador José Ramón Iglesias Veiga y el arquitecto Jaime Garrido, escritos en gallego, castellano e inglés.

O xoves iníciase na Casa da Cultura un ciclo de charlas que difunde a figura e a obra de Urbano Lugrís

martes, 24 feb 2009

Co obxectivo de difundir a figura e a obra de Urbano Lugrís a Concellería de Patrimonio Histórico e co Museo de Castrelos organizan o ciclo de conferencias "En torno a Urbano Lugrís", que se desenvolverá os días 26 e 27 de febreiro no auditorio da Casa Galega da Cultura a partir das 20:00 horas. A concelleira Elena Maure salientou que se trata "dunha oportunidade única para afondar no coñecemento "dun dos máis xeniais creadores galegos de todos os tempos".

Unha ruta cultural pola cidade achega á cidadanía a figura do pintor e escritor Urbano Lugrís

xoves, 29 xan 2009

A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, presentou hoxe a ruta cultural "Tras os pasos de Urbano Lugrís", unha iniciativa que ten como obxectivo achegar á cidadanía a figura do artista e a súa vida, como elementos que contextualizan a súa obra. Os precorridos son gratuitos e desenvolvense os venres pola tarde e os sábados pola maña en grupos de 25 persoas.