venres, 4 abr 2008
O Consorcio do Casco Vello de Vigo e a Oficina Municipal de Rehabilitación Casco Vello-Bouzas convocan unha sesión informativa aos veciños, o luns 7 de abril, ás 19h30 no CITIC (Rúa de San Vicente) para explicarlles que tipos de axudas á rehabilitación están dispoñibles neste momento para propietarios privados.
martes, 1 abr 2008
O Museo Municipal "Quiñones de León" volve a editar a revista "Castrelos" na que se divulga as áreas de traballo do museo nos aspectos de arqueoloxía, arte, historia da cidade e museoloxía. A revista, primeiro número dunha segunda etapa, presentouna hoxe martes a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure e o director do museo, José Ballesta.
martes, 1 abr 2008
1.800 visitantes nun só mes avalan o éxito da exposición "Artífex. Enxeñería romana en España" no museo de Castrelos. Pola reiterada demanda o museo abrirá para visita libre a exposición tamén en horario de mañá, 10.00 a 13.30 horas, a partir do mércores 2 de abril.
venres, 25 xan 2008
O Centro de Artesanía Tradicional (CAT), presentou este venres, a través da concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, unha nova publicación dedicada á cestería tradicional. O volume, que inaugura unha colección de periodicidade anual que tratará os diferentes oficios tradicionais, recolle, segundo explicou a concelleira, "unha ampla mostra dos saberes e técnicas dun dos oficios máis antigos, que combinou ao longo de séculos vimbios, colmo e madeira para obter diferentes obxectos que resolvesen as necesidades do seu quefacer diario".
venres, 18 xan 2008
O tenente de alcalde e responsable de Cascos Históricos, Santiago Domínguez, asistiu este venres á posta en funcionamento da restaurada Fonte do Paseo de Alfonso, construida a finais do século XIX e que levaba máis de catro anos sen auga. A concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, ao pouco de asumir a súa responsabilidade, iniciou as xestións para recuperar a fonte, como unha das actuacións que o seu departamento está desenvolvendo para recuperar o noso patrimonio.
xoves, 27 dec 2007
A Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo está a desenvolver un programa de divulgación e interpretación do patrimonio arqueolóxico, que segundo a concelleira Elena Maure, é unha "iniciativa cultural e didáctica pioneira en Galicia". Este programa inclúe actuacións dirixidas tanto aos centros educativos como ao público en xeral, dende obradoiros didácticos ata ciclos de formación para os docentes e a realización de materiais e recursos didácticos, entre outros.
xoves, 27 dec 2007
<br />
Co gallo das festas de nadal o museo municipal "Quiñones de León" organiza unha programación especial entre os días 27 de decembro e 4 de xaneiro de 2008.
martes, 18 dec 2007
A nova convocatoria de 2008 do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) presenta unha oferta formativa para todos os públicos, cun amplo abano de cursos de diferentes niveis, duración e horarios. O obxectivo dos cursos é achegar o alumnado ás variadas formas e técnicas da cestería galega, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.
xoves, 13 dec 2007
A nova convocatoria de 2008 do Centro de Artesanía Tradicional (CAT) presenta unha oferta formativa para todos os públicos, cun amplo abano de cursos de diferentes niveis, duración e horarios, divididos en tres bloques. O obxectivo dos cursos é achegar o alumnado ás variadas formas e técnicas da cestería galega, con especial atención á fabricada na comarca de Vigo.
mércores, 28 nov 2007
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, anunciou este mércores que o proxecto museístico que se está a levar a cabo na finca Mirambel abrirá ao público no verán de 2008. Domínguez, que realizou estas declaracións nunha visita ao xacemento arqueolóxico na que tamén participou a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, sinalou que o remate deste proxecto enmárcase na "aposta decidida que fai o BNG por recuperar o patrimonio histórico da cidade de Vigo".