O Quiñones de León organiza as visitas teatralizadas "Misterio no museo" os días 19, 20 e 21 de agosto

martes, 11 ago 2009

O museo Quiñones de León acollerá a visita teatralizada "Misterio no museo" os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto, segundo anunciou este martes o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Ao respecto, o concelleiro nacionalista adiantou que esta iniciativa "é o primeiro experimento dun proxecto que se vai desenvolver ao longo do vindeiro ano".

Santi Domínguez anuncia a adquisición dun pazo e outros dos inmobles no Casco Vello para a pinacoteca municipal

xoves, 16 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou hoxe que acaban de adquirirse tres inmobles na rúa Abeleira Menéndez, un deles o pazo de Arias Taboada, para a ubicación da pinacoteca municipal, que será un novo centro expositivo do Museo da Cidade. O concelleiro asegurou que esté é o punto de partida para cumprir o compromiso de ter un lugar axeitado para expoñer os fondos pictóricos de Castrelos, que agora non se poden amosar por falta de espazo.

Os clientes do comercio do centro histórico disporán a partir de mañá de aparcamento e autobús gratuitos

martes, 30 xuñ 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este martes a campaña "Merca no Vigo histórico... as túas compras viaxan gratis", que ofrecerá aos clientes que acudan ao centro da cidade para realizar as súas compras de aparcamento e autobús gratuitos. Mediante esta iniciativa, organizada polas concellerías de Cascos Históricos e Patrimonio Histórico, xunto aos centros comerciais abertos Centro Príncipe, Zona Centro e Vigo Vello, e os mercados de O Berbés e Progreso, cada cliente que realize unha compra superior a 10 euros recibirá unha hora de aparcamento gratuíta ou unha viaxe en autobús tamén de balde.

O CAT organiza dous obradoiros en xullo e agosto para achegar os oficios de cestería e tecido á cidadanía

luns, 22 xuñ 2009

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este luns dous novos obradoiros do Centro de Artesanía Tradicional, centrados na cestería e o tecido, que se desenvolverán ao longo de xullo e agosto. Segundo o concelleiro nacionalista, estas novas propostas, de carácter gratuíto, teñen como obxectivo "achegar á cidadanía, e sobre todo á xente moza, os oficios tradicionais máis emblemáticos de Galiza".

Eudosio Álvarez di que por primeira vez a cidadanía poderá coñecer os restos da muralla nunha recreación virtual

venres, 19 xuñ 2009

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou este venres que por primeira vez a cidadanía viguesa terá a oportunidade de coñecer as características da muralla da cidade mediante a elaboración dun documental e a súa recreación virtual. O edil, na visita que hoxe realizou aos restos da muralla que se atopan no Paseo de Alfonso sinalou que neste momento se están analizando os seus parámetros para coñecer a súas dimensións.

O Padroado do Quiñones de León acorda organizar unha mostra cos fondos plásticos do museo no 2010

xoves, 4 xuñ 2009

O Padroado do Museo Quiñones de León acordou onte organizar unha exposición cos seus fondos plásticos na Casa das Artes no segundo semestre do 2010, segundo informou este xoves o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Segundo salientou o edil, este proxecto forma parte do "novo reto" proposto dende Patrimonio Histórico para poñer en marcha o futuro Museo da Cidade.<br /> <br />

Eudosio Álvarez fará de Castrelos o Museo da Cidade, que terá outros contentores repartidos por toda a cidade

xoves, 21 mai 2009

Converter o Pazo-Museo Quiñones de León no Museo da Cidade será unha das principais tarefas que o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, se marca como obxectivo. A elaboración do Plan Especial do Parque de Castrelos e o Plan Especial do Monte do Castro, así como a posta en valor do patrimonio industrial da cidade e tamén a recuperación do patrimonio construido do Casco Vello e Bouzas completan os eixos do labor do concelleiro nos dous anos que restan de mandato.