Santi Domínguez anuncia o inicio da reforma da rúa Cruceiro Vello de Bouzas, que conta cun investimento de 205.000 euros
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, anunciou este xoves que a vindeira semana comezará a reforma da rúa Cruceiro Vello de Bouzas, á que se destinará un investimento de 205.000 euros. Na visita que realizou á zona, e na que tamén participou o concelleiro de Patrimonio Histórico, o nacionalista destacou que esta actuación ten como obxectivo a mellora deste espazo público e a renovación dos servizos urbanos.
Santi Domínguez afirmou que este proxecto segue as pautas establecidas no Plan Especial do Casco Histórico de Bouzas, que marca como liña de actuación "recuperar a prioridade para os peóns, convertendo o actual viario con tráfico nunha praza de encontro". Para acadar este obxectivo, o tenente de alcalde indicou que se suprimirá o tráfico rodado agás o de garaxes.
A actuación incluirá asemade a renovación das redes de abastecemento e saneamento, que se atopan moi deterioradas, implantarase unha rede separativa de augas fecais e pluviais e acometerase o soterramento de todas as liñas aéreas existentes. Outra actuación que se levará a cabo será a rehabilitación do cruceiro, que segundo o tenente de alcalde "é de gran valor histórico e está moi deteriorado" e forma parte do catálogo de elementos protexidos do PXOM.
O proxecto, que ten un prazo de execución de tres meses, abrangue dende a rúa Martín Alonso Pinzón ata a rúa Simancas, e combinará no pavimento lousas e adoquíns de granito.
O tenente de alcalde subliñou que este proxecto é a primeira actuación que se desenvolverá en Bouzas, e que se completará con outra na Praza de Diego Santos co obxectivo de recuperar este casco histórico e potenciar a súa rehabilitación. Asemade, indicou que continúan as negociacións para adquirir a Casa do Patín.
Descargar todas as imaxes