O mural "Pegadas e fume" inaugurarase o 16 de maio en Castrelos coa participación de máis de 2.000 persoas
O mural "Pegadas e fume" inaugurarase o vindeiro 16 de maio ás 12 horas no palco do parque de Castrelos coa asistencia das persoas que participaron na súa creación, en total máis de 2.000, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Este mural forma parte do do proxecto artístico "Cidade de soños", no que acadar a implicación da cidadanía para crear unha obra de arte colectiva é un dos principais obxectivos.
O mural "Pegadas e fume", composto por azulexos cerámicos, foi creado ao longo dos dous últimos fins de semana no parque de Castrelos. Terá unhas dimensións de trece metros de longo por tres metros de alto e levará o nome de todas as persoas que participaron no proxecto no reverso da obra de arte, que se colocará no palco do parque.
"Cidade de soños" completarase co proxecto "Artistas na rúa", no que cinco artistas realizarán obras escultóricas no centro de Vigo do 21 ao 4 de xullo. Deste xeito, os artistas desenvolverán o seu traballo directo de execución en lugares públicos, en relación directa co medio e coa presenza cidadán como testemuña. Asemade, do 22 de xullo ao 31 de outubro, terá lugar unha exposición de escultura nos xardíns do pazo de Castrelos.
Descargar todas as imaxes