Escoitar

Desde o mércores xa se poden adquirir os abonos para o Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons"

A partir do mércores, 5 de maio, xa está activo o servizo de venda de abonos para o 6º Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons". Este ano incorpora importantes novidades xa que se poderá adquirir un abono para os concertos do festival que teñen lugar en MARCO (3 concertos) e Auditorio Municipal (4 concertos) ademais do habitual abono para as 3 actuacións que teñen lugar na Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova. Quen desexe adquirir os dous abonos (10 concertos en total) obterá unha bonificación do 15% na compra telefónica.

martes, 4 mai 2010
1273006493imaxina.jpg
O período de adquisición de abonos esténdese até o 31 de maio; a partir do primeiro de xuño será posible a compra de entradas individuais igualmente a través da web de www.caixanova.com ou no teléfono 902 504 500.

O Centro Cultural Caixanova acolle tres concertos da programación de Imaxina Sons: a actuación inaugural co pianista francés Martial Solal (23 xuño, 21.30h), o espectáculo Root Africaine de Romano, Sclavis e Texier (27 xuño, 22h.) e o concerto de clausura a cargo de Dave Douglas Quintet (4 de xullo, 22h.). Os abonos para estes tres concertos teñen os seguintes prezos: butaca: 30,60 €; 1º anf: 28,05 €; 2º anf: 25,50 € e 3º anf: 22,95 €. O MARCO acolle tres concertos, todos eles ás 21.30h: Pierre Favre Solo. Poetry in Motion (Luns 28 xuño), Carlos "Zíngaro" Solo. Violín con electrónica (Martes 29 xuño) e Marisco Fresco (Mércores 30 xuño). No caso do Auditorio Municipal, espazo que se incorpora ao Imaxina Sons, son catro as actuacións: Red Trio + John Butcher (Xoves 1 xullo, 20.30h), Arild Andersen Trio (Venres 2 xullo, 20.30h), Franz Koglmann Monoblue Quartet. Lo-lee-ta. Music on Nabokov (Sábado 3 xullo, 20.30h) e Atlantic Bridge (Domingo 4 xullo, 19.30h). Os sete concertos de MARCO e Auditorio Municipal dispoñen dun abono de 18 euros.
Se o que se desexa é mercar os dous abonos para os dez concertos de Caixanova, MARCO e Auditorio Municipal establécese a posibilidade de adquirilos vía teléfonica (902 504 500) cunha bonificación do 15% sobre o prezo total.

Os concertos que terán lugar no Conservatorio ( Venres 25 xuño, Monkillos 20.30h. e Marcos Pin Factor –E- Reset 22.15h, Sábado 26 xuño, Tri-EZ, 20.30h. e Franco D´Andrea Quartet, 22.15h) e na Praza da Constitución ás 23h. (Xoves 1 xullo Yves Robert Trio, Venres 2 xullo, Roberto Somoza Jazz Orquesta e Sábado 3 xullo Irene Aranda Quinteto) son de entrada libre. O espectáculo familiar programado para o 24 de xuño no Auditorio Municipal, Botazz! (O Swing do Jazz) terá tres funcións ás 12h. 17.30h e 19h. A entrada costará 3 euros.

A continuación, resumímosvos toda a información práctica sobre venda de entradas e abonos:
VENDA DE ENTRADAS
www.caixanova.es / 902.504.500
ABONOS:
-Venda de abonos para todos os concertos de pago
Prezo: (inclúe 3 concertos no Caixanova, 3 no MARCO e 4 no Auditorio Municipal)
- Venda de abonos para os tres concertos do Centro Cultural Caixanova:
Prezos: Butaca: 30,60 €; 1º anf: 28,05 €; 2º anf: 25,50 €; 3º anf: 22,95 €
- Venda de abonos para os concertos de MARCO e Auditorio Municipal:
Prezo: 18 € (inclúe os 3 concertos no MARCO e os 4 no Auditorio Municipal. Sen numerar)
-SE SE ADQUIREN OS DOUS ABONOS OBTERASE UNHA BONIFICACIÓN DO 15% SOBRE O PREZO TOTAL (Só compra telefónica).

Venda anticipada de entradas individuais:
Prezos: MARCO: 3€
Auditorio do Concello: 5 €
Botazz! (O swing do jazz), 24 de xuño: 3 € (non incluído no abono)
Centro Cultural Caixanova Butaca: 12 €; 1º anf: 11 €; 2º anf: 10 €; 3º anf: 9 €
Venda de entradas no mesmo día dos concertos,
Nos despachos de billetes da sala do concerto (no caso de non esgotarse na venda anticipada)
Entrada Libre ate completar aforo, nas seguintes salas:
Auditorio "Martín Códax" do Conservatorio Superior de Música.
Praza da Constitución
Descargar todas as imaxes

Máis información