O vernes celebrarase un acto de recoñecemento ao deporte vigués polo Premio Nacional do Deporte
O Premio Nacional do Deporte, que onte luns recibiu unha representación do Concello de Vigo, encabezada polo alcalde Abel Caballero, será compartido con todo o mundo do deporte vigués nun acto que se celebrará o vindeiro venres no pavillón das Travesas a partir das 20 horas. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, quixo salientar este martes que é un premio de todos os vigueses e viguesas, polo que é preciso que toda a cidade o celebre nun acto colectivo.
"É un premio que nos enche de responsabilidade para seguir traballando no eido deportivo", salientou Santi Domínguez. Para o tenente de alcalde, non se trata do final dunha traxectoria, senón "o inicio dun proxecto para que Vigo siga sendo referente internacional". Neste sentido avanzou que a cidade terá "novas sorpresas" nos vindeiros meses respecto a distintos eventos deportivos de carácter mundial.
O tenente de alcalde recoñeceu que onte a delegación viguesa viviu "un momento moi especial de gran satisfacción e orgullo" ao escoitar que Vigo foi o concello que máis se ten destacado na promoción do deporte ao longo do 2009. Salientou que se trata dun premio de todos os vigueses e viguesas, das federacións, as nais e pais, das empresas que colaboran cos seus patrocinios, e tamén da administración, pola súa aposta tanto polo deporte de base como pola organización de grandes eventos de índole internacional.
"Hai que darlle ao premio a importancia que realmente ten, porque Vigo nunca recibira un premio estatal", salientou.
Xabier Alonso destacou que para a Concellería de Deportes, "que a cidade de Vigo teña este recoñecemento é unha satisfacción". O concelleiro de Deportes mencionou a vitalidade de Vigo no eido deportivo, e asegurou que en "calquera fin de semana normal" é posible acudir a diversas probas de diferentes disciplinas, dende natación, judo, balonmán ou fútbol, na que se pode comprobar a alta participación.