Escoitar

Xabier Alonso felicita aos clubs Balonmán Lavadores e Seis de Nadal polo seu ascenso á primeira categoría

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, expresou este martes os seus parabéns aos clubs Unión Balonmán Lavadores e Magope Seis do Nadal polo seu ascenso á primeira categoría este pasado fin de semana. Nunha recepción que tivo lugar no Concello de Vigo, e na que participaron os deportistas dos dous clubs e integrantes das súas directivas, o nacionalista salientou o traballo que están a facer polo deporte de base.

martes, 4 mai 2010
1272976936ascensos.JPG
Xabier Alonso, na súa intervención, destacou a importancia de que o deporte de base teña continuidade no deporte de élite, e asegurou que como concelleiro de Deportes se sinte "tremendamente orgulloso" por este ascenso. Subliñou que este éxito se suma ao resto de logros deportivos da cidade, que vén de recoller o Premio Nacional do Deporte.

Animou, asemade a seguir traballando nesta liña, para estender a práctica deportiva a toda a cidadanía. No acto agasallou aos presidentes dos clubs, Antón Piñeiro do Seis do Nadal, e Fernando Fernández do Unión Balonmán de Lavadores, con cadanseu exemplar da obra "Vigo cidade das ondas", con textos do xornalista Eduardo Roland e imaxes do fotográfo Javier Teniente.
Descargar todas as imaxes