mércores, 5 mai 2010
Abel Caballero reunirase o venres en Madrid coa Secretaria Xeral do Ministerio de Industria, Teresa Santero, para tratar de definir as axudas do Goberno de España a PSA Peugeot Citroën para a fabricación do vehículo eléctrico na súa factoría de Balaídos. Para o alcalde, sería o "paso definitivo" para facer de Vigo "cidade piloto" do coche eléctrico, e anunciou que entón o Concello comprará unha flota dos novos automóbiles.
mércores, 5 mai 2010
O alcalde vigués participou onte martes no Parlamento Europeo de Bruselas nunha reunión de autoridades locais para facer unha "fronte común" polo clima. Caballero recordou que as cidades emiten máis da metade do CO2 do continente, e en Vigo "estamos na dirección contraria" porque a cidade olívica "leva tempo traballando" na materia. O socialista apuntou algunhas actuacións ao respecto, como as humanizacións e o proxecto de "cidade piloto" do coche eléctrico.
mércores, 5 mai 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciaron este mércores que no X Forum FISU, que se celebrará do 21 ao 26 de xuño, e no XI Mundial de Taekwondo Universitario, que terá lugar do 29 de xuño ao 4 de xullo, se superán os anteriores niveis de participación tanto no número de países como de participantes.
mércores, 5 mai 2010
O mural "Pegadas e fume" inaugurarase o vindeiro 16 de maio ás 12 horas no palco do parque de Castrelos coa asistencia das persoas que participaron na súa creación, en total máis de 2.000, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Este mural forma parte do do proxecto artístico "Cidade de soños", no que acadar a implicación da cidadanía para crear unha obra de arte colectiva é un dos principais obxectivos.